Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Fisioloxía do exercicio I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fisioloxía do exercicio I Código 620G01013
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Correo electrónico
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
Profesorado
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Márquez Sánchez, Gonzalo José
Oro Claro, Luis Alberto
Santiago Alonso, Miguel
Correo electrónico
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
gonzalo.marquez@udc.es
a.oro@udc.es
miguel.santiago@udc.es
Web
Descrición xeral A Fisioloxía do exercicio I é unha materia cuadrimestral, de 6 créditos ECTS, que pertence ao Módulo 3, Anatomía e fisioloxía (formación básica). Como o seu propio nome indica, encárgase de estudar o comportamento dos diferentes aparatos e sistemas durante o exercicio, entendéndoo no seu sentido máis amplo, desde a actividade física máis espontánea e informal ata os máis elevados niveis de adestramento e competición deportivos. Coñecer como responde o corpo humano e como é capaz de adaptarse constitúe a base para a avaliación da condición física e para axustar os parámetros do adestramento aos obxectivos desexados. A fisiología do exercicio impártese no segundo e no terceiro cursos do Grao dividida en dúas materias, Fisiología do exercicio I e Fisiología do exercicio II. Na que nos ocupa agora, a Fisiología do exercicio I, de carácter máis analítico, ocuparémonos de estudar a anatomía e a fisioloxía dos diferentes aparatos e sistemas e cales son as súas respostas agudas fronte ao exercicio. Na Fisioloxía do exercicio II faise un enfoque máis aplicado e integral, abordando cuestións relacionadas co adestramento, desde os fundamentos fisiolóxicos ata as probas de avaliación e as situacións ambientais especiais, as cuestións relacionadas coa idade e o xénero e outras como a fatiga e as axudas ergoxénicas e o doping. Os contidos da Fisioloxía do exercicio I están divididos en 5 módulos: Módulo 1, INTRODUCIÓN: aspectos xerais da organización e funcionamento do corpo humano, aproximación conceptual e histórica á fisioloxía do exercicio, xeneralidades sobre as respostas e adaptacións ao exercicio. Módulo 2, CONTROL NEUROLÓXICO DO MOVEMENTO: estudo do sistema nervioso e dos órganos dos sentidos para comprender como se procesa a información e como se producen o control motor e a regulación nerviosa da homeostasis durante o repouso e o exercicio. Nesta materia veranse os contidos sobre anatomía e estrutura necesarios para comprender a fisioloxía, que se aborda na materia de “Aprendizaxe e control motor”. Módulo 3, METABOLISMO E ENERXÍA: estudo do aparato dixestivo e dos procesos que permiten a incorporación ao organismo dos nutrientes contidos nos alimentos e o seu comportamento durante o exercicio; estudo do metabolismo e dos sistemas básicos de obtención da enerxía; estudo da regulación hormonal do metabolismo durante o repouso e o exercicio. Módulo 4, FUNCIÓN CARDIORRESPIRATORIA E EXERCICIO: estudo da anatomía e a fisiología do sistema cardiovascular e do aparato respiratorio, así como as súas respostas durante o exercicio. Módulo 5, FUNCION RENAL E MEDIO INTERNO: estudo da anatomía e a fisiología dos riles e as vías urinarias; estudo dos mecanismos de regulación dos líquidos e do pH corporais en repouso e durante o exercicio (aínda que estes últimos contidos veranse con máis profundidade na asignatura de Fisioloxía do exercicio II).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos No se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As que figuran na Guía docente *Metodoloxías docentes que se modifican Sesiónes maxistrais: no caso de que chegasen a impartirse de forma presencial, pasarían a ser non presenciais a través de Teams. Prácticas de laboratorio: pasarían a ser non presenciais e impartiríanse a través de Teams. En ambos os casos as sesións gravaríanse e quedarían dispoñibles de forma asíncrona, a través dunha canle específica de Stream e coas ligazóns correspondentes en Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle, e-correo, chat de Teams e chat de Whatsapp. Xeralmente atenderase de forma asíncrona, en días laborables, cun tempo de resposta menor de 24 horas. Videconferencia en Teams: concertarase previa cita e tentarase atender, dependendo da demanda e a dispoñibilidade de titorías, nun tempo de 24-48 horas. 4. Modificacións na avaliación Non haberá variacións porque as características que estable a Guía docente xa son compatibles coa súa realización telemática non presencial. A única excepción podería ser o número de probas da avaliación continua porque parte dos contidos prácticos poderían integrarse nas sesións maxistrais e xa non requirirían unha atención independente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía En caso de imposibilidade de acceso aos recursos específicos de carácter físico dispoñibles na Biblioteca da Facultade, buscaríanse alternativas en formatos dixitais que se facilitarían ao alumnado a través de Moodle ou o equipo específico de Teams.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes