Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Fisioloxía do exercicio I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais - Con anterioridade á sesión, o alumnado deberá ter lida a Guía Docente da materia.
- Presentarase a materia e resolveranse as cuestións que expoñan os alumnos sobre a mesma e, de xeito específico sobre os aspectos da Guía Docente que precisen aclaracións.
- Farase un recordatorio e asesoramento sobre os coñecementos previos necesarios para progresar na materia.
- Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudo axeitado da materia.
- Intentaranse coñecer as motivacións e intereses do alumnado respecto da materia.
Sesión maxistral - Serán sesións de grupo grande (60 alumnos).
- Previamente, deberán ter preparados e lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos temas que se tratarán en cada sesión.
- Na plataforma Moodle dispoñerán dos obxectivos detallados para cada tema e a bibliografía recomendada, así como doutros materiais de apoio: presentacións audiovisuais, lecturas recomendadas e probas de autoavaliación.
- Durante a sesión, o profesor irá explicando, coa axuda de recursos audiovisuais, os contidos nos que os alumnos encontrasen dificultades. Para iso deberán manter unha participación activa, o que significa formular dúbidas razoadas xurdidas dun traballo de lectura e reflexión dos contidos.
- Así mesmo, deberán responder de modo axeitado ás preguntas que formule o profesor ou calquera dos alumnos presentes na actividade e resolver as pequenas tarefas ou problemas que vaia propoñendo o profesor.
Prácticas de laboratorio - As prácticas de laboratorio realizaranse en grupos medianos (de 20 alumnos) e nelas abordarase o estudo de diversos contidos da materia coa axuda de maquetas e outros recursos.
- Previamente, os alumnos deberán preparar e ter lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos contidos que se tratarán en cada práctica.
- Na plataforma Moodle disporán dos obxectivos detallados para cada tema e de probas de autoavaliación.
- Acudirán á práctica cos materiais que utilizaron no estudo previo.
- O profesor atenderá dun modo personalizado ou en pequenos grupos aos alumnos a fin de axudarlles a resolver as dificultades que atopen.
- Durante a práctica os alumnos deberán manter unha participación activa e cumprir os obxectivos e as tarefas que se propuxeron con antelación suficiente.
Obradoiro - Serán sesións de grupo grande (60 alumnos).
- Os alumnos resolverán de xeito autónomo problemas relacionados con diferentes cálculos de intensades do exercicio en función de diferentes variables e analizarán resultados dunha proba de esforzo, que posteriormente serán comentados nas horas presenciais.
Proba de resposta múltiple A través da plataforma Moodle, os alumnos poderán facer diferentes probas de autoavaliación para saber en que medida teñen adquiridos os coñecementos e as competencias da materia, como ferramenta preparatoria para a proba obxectiva.
Proba obxectiva Explícase no apartado de Avaliación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes