Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Biomecánica do movemento humano
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Biomecánica do movemento humano Código 620G01014
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Barral Lavandeira, Jose R.
Correo electrónico
j.r.barral@udc.es
Profesorado
Barral Lavandeira, Jose R.
Correo electrónico
j.r.barral@udc.es
Web
Descrición xeral É unha materia cuadrimestral de 6 créditos ECTS que se imparte no segundo curso do Grao. O termo Biomecánica foi acuñado en 1887, pero non foi ata mediados do século pasado que empezou a ter uso e popularizouse moito nos últimos 25 anos. Desde os anos 70 do século pasado formuláronse moitas definicións, pero usaremos nesta presentación de de o DRAE "Ciencia que aplica as leis da mecánica ás estruturas e órganos dos seres vivos" Facendo referencia á etimoloxía do termo require coñecementos de bioloxía e de mecánica newtoniana. Os contidos agrúpanse en cinco bloques temáticos:O primeiro dedícase ás conceptualización, historia e desenvolvemento da biomecanica; o segundo á aplicación dos conceptos básicos da mecánica clásica ao movemento humano; o terceiro ao biomecánica das estruturas e tecidos corporais; o cuarto ao estudo das habilidades motrices básicas e o último ao estudo dos métodos e ferramentas de investigación en biomecánica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos non serán modificados. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse segundo a descrición na guía docente, se ben serán levadas a cabo a través das ferramentas telemáticas posta ao noso dispor pola UDC: • Actividades iniciais • Sesión maxistral • Estudio de casos • Traballos tutelados (computa na avaliación) • Sesión maxistral • Lecturas • Análise de fontes documentais • Prova mixta *Metodoloxías docentes que se modifican • . 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado • Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. • Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. • Teams: 2 sesións semanais por grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Sesións a demanda do alumnado (en pequeno grupo), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. Sesións individuais para titorías individuais. 4. Modificacións na avaliación • A proba mixta descrita na guía docente será lavada a cabo mediante Moodle, habilitándose un só intento por estudante a ser levado a cabo o día do exame, segundo o calendario aprobado en Xunta de Facultade. Modificarase o porcentaxe da nota pasando do 70% a o 40% • Os traballos tutelados computarán o 60% da nota final do estudante. Considerase Apto o alumnado que acade unha puntuación igual ou maior de 5 na suma dos dous elementos de avaliación. *Observacións de avaliación: O modelo de avaliación será o mesmo en segunda oportunidade ou en avaliacións posteriores que na primeira oportunidade. As cualificacións das partes da avaliación superadas na primeira oportunidade manteranse na segunda oportunidade. Os traballos tutelados superados en calquera avaliación manteranse de maneira indefinida. Se se presentan novos traballos a nota destes substitúe á previa aínda que sexa inferior. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Nin a bibliografía nin a webgrafía serán modificados.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes