Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Biomecánica do movemento humano
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Biomecánica do movemento humano Código 620G01014
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Barral Lavandeira, Jose R.
Correo electrónico
j.r.barral@udc.es
Profesorado
Barral Lavandeira, Jose R.
Correo electrónico
j.r.barral@udc.es
Web
Descrición xeral É unha materia cuadrimestral de 6 créditos ECTS que se imparte no segundo curso do Grao. Pertence, xunto con Anatomía e Cinesioloxía do Sistema Musculoesquelético e Fisioloxía I e II, ao Módulo de Materias Básicas da Área de Ciencias da Saúde. Os descritores son: Biomecánica, Fundamentos de Mecánica aplicada ao movemento humano, Biomecánica estrutural do sistema musculoesquelético, Biomecánica dos patróns de movemento e habilidades motrices básicas. O termo Biomecánica foi acuñado en 1887, pero non foi ata mediados do século pasado que empezou a ter uso e popularizouse moito nos últimos 25 anos. Desde os anos 70 do século pasado formuláronse moitas definicións, pero usaremos nesta presentación do DRAE "Ciencia que aplica as leis da mecánica ás estruturas e órganos dos seres vivos" Facendo referencia á etimoloxía do termo require coñecementos de bioloxía e de mecánica newtoniana. Os contidos agrúpanse en cinco bloques temáticos:O primeiro dedícase ás conceptualización, historia e desenvolvemento da biomecanica; o segundo á aplicación dos conceptos básicos da mecánica clásica ao movemento humano; o terceiro a biomecánica das estruturas e tecidos corporais; o cuarto ao estudo das habilidades motrices básicas e o último ao estudo dos métodos e ferramentas de investigación en biomecánica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes