Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Socioloxía da actividade física e do deporte
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro * A través desta metodoloxía se propoñen EXAMENES PARCIAIS e as "PRÁCTICAS DE AULA".

* EXAMENES PARCIAIS: Ao longo do cuatrimestre vanse facer varios examenes de preguntas de V-F e/ou de preguntas tipo test, nos que tamén se van a incluir preguntas sobre as prácticas que a continuación se indican. Ter todo-los examenes aprobados ten un valor de 2 puntos.

* "RELACIÓN DE PRÁCTICAS": teñen un valor de 2 puntos.
Relación de prácticas para realizar ao longo do cuatrimestre: aínda que se poden introducir modificacións en función de acontecementos, datas significativas, conferencias na Facultade, etc.

PRACTICA 0.
- Criterios para as citas bibliográficas
- RUC (Repositorio da Universidade da Coruña): http://ruc.udc.es/dspace/

1. Obxetivo da Socioloxía do Deporte e da asigantura dende a perspectiva do profesional da E.F.(Concepto de cultura de Durkheim).

1.1. Entrevista sobre o estereotipo do profesional da E.F. (perspectiva micro e despois macro)
- Tarefa: Preguntar a 3 persoas: alumnos de secundaria, usuarios de ximnasios, alumnos de outras Facultades, traballadores de diferentes ámbitos, etc. (Perspectiva micro-macro).
- Pregunta a realizar: ¿Qué opinión ten do profesional da E.F?: anotar opinión literal.
- Conclusión: a través da posta en común das respostas recollidas polos alumnos: Concretar o estereotipo (aproximación) do profesional de E.F. que ten a sociedade.

1.2. Entrevista: opinión que teñen os alumnos de secundaria da asignatura de E.F. (perspectiva micro e despois macro)
- Tarefa: Pregunta a 3 alumnos: recoller opinión literal.
- Pregunta: "O que che gusta e o que non che gusta da asignatura de E.F":
- Posta en común.

1.2. PRÁCTICA DEPORTIVA POR XÉNERO NA SOCIEDADE ESPAÑOLA (perspectiva macro).
- Tarea: Consultar a "Enquisa de Hábitos Deportivos en España 2010" do CIS-CSD na web do CSD.
- Recoller % de práctica en función do xénero.

2. Exemplos de investigación (sociolóxicos) nos tres paradigmas que poderías levar a cabo como profesional da E.F. e desenvolver como TFG.
- Consultar a web da AEISAD (Asociación Española de Investigación Social Aplicada al Deporte) para recoller ideas.
- Elixe 2 titulos das comunicacións recollidas nos libros de actas dos congresos da AEISAD que reflexen os temas que te gustaría traballar.

3. Maneiras de obrar, pensar e sentir dos homes. Cultura de xénero: tarefas domésticas, deporte, fútbol e relacións afectivas. (Perspectiva macro).

4. Maneiras de obrar, pensar e sentir das mulleres. Cultura de xénero: tarefas domésticas, deporte, fútbol e relacións afectivas. (Perspectiva macro).
4.1. Visualiza el video y busca relaciones con la práctica. Conclusión del video.
https://www.youtube.com/watch?v=ECmW5ctnTfg


5. Modelos de familia da postmodernidade: de Decadencia e de Resistencia (perspectiva macro). Concretar en cada modelo a cultura deportiva que transmiten utilizando a estructura dos indicadores que parecen no libro de "No violencia" de nais e pais.
- Escribe un modelo nunha carilla do folio e o outro modelo na outra carilla.

5.1. Relaciona o siguinte video con: modelos de familia, socialización, cultura, normas, valores, etc. http://www.youtube.com/watch?v=Efc0p0GASFY

6. Xerarquía de valores: personal, do grupo clase, do deporte e da sociedad actual. Indicar un exemplo de "maneiras de obrar" para cada valor. (Perspectiva micro-macro)

7. Xerarquía de valores dende a postmodernidade de resistencia. Indicar un exemplo de conducta para cada valor. (Perspectiva macro).

8. Mapa conceptual da sociedade. (Perspectiva macro)
- Aplicar o mapa da sociedade á Facultade.
- Identificar donde está o profesional da E.F., as súas funcións.
- O profesional de E.F. como axente de cambio social e como grupo de presión.

9. Nacemento do Deporte Moderno.
9.1. Ámbitos nos que interven a sociedade moderna para conseguir que as actividades recreativas se transformen en deportes. Texto Mandell.
9.2. Ámbitos nos que debe intervir un Tecnico Deportivo Municipal, na actualidade, para transformar un xogo popular en deporte.
9.3. Ámbitos-Variables que se poden utilizar para realizar Estratexias de Discriminación Positiva (EDP) na aula de E.F. Conexión coa práctica 26.

10. Identifica os conceptos da asignatura que están presentes na seguinte frase e que sirven para explicala: “O campo de xogo é un auténtico medio educativo”. Explica a relación de cada concepto coa frase.

11.- Características do Deporte Moderno e Postmoderno. Establece as semellanzas e diferenzas.

12. Postmodernidade de decadencia ou de resistencia. Elixe unha das tendencias e elabora o mapa conceptual utilizando os indicadores-características que a definen. (Macro).

13. Concretar a Ética a través de frases que utilizarías para explicarlle o concepto os teus alumnos. Non sirven definicións académicas ou do diccionario.

14. Áreas de investigación da Socioloxía do Deporte en España: indica un exemplo de investigación en cada unha das áreas.

15. Responder ao "Código da Noviolencia" como profesional da E.F. e explica os motivos de desacordo.

15.1. Relaciona o siguinte video co Código da "Noviolencia"
http://www.sport.es/es/noticias/futbol/nino-anos-separa-entrenador-arbitro-medio-partido-2390577

16. Utiliza o "Código da Nonviolencia" como planilla de observación: dun compañeiro, profesor de E.F. entrenador, xogador, etc. Sinala as frases coas que pensas que estaría de acordo e en desacordo.

17. "Código da Nonviolencia". Indica as frases coas que estás de acordo pero que non levas a cabo.

17.1. Explica o que é a "doble moral". Identifica os conceptos sociológicos que están presentes e elabora unha explicación con eles.
17.2. Os "dilemas morais" como estratexia para traballar a ética e a moral. Aplica un dilema moral a un grupo de compañeiros e resume as posturas.

18. Como profesor/entrenador, elabora unha norma para cada subcategoría do “Código da Nonviolencia”.

19. Acoso escolar. Programa "Vía V" Cómo evitar el acoso escolar (cap.413- parte 2- 19/11).
- Tarefa: Tomar apuntes do contido do vídeo para facer unha posta en común en clase: datos, %, conceptos, argumentos, etc.
http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2012/11/20/0031_6_159104.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador

20. GEXAFD: Grupo de Estudios de Xénero, Actividade Física e Deporte. http://www.udc.es/mulleredeporte/actividades.html?language=en
- Consulta a comunicación presentada ás II Xornadas de Innovación en xénero. Docencia e Investigación (Universidade de Vigo): "Deseño dunha estratexia educativa de xénero na Facultade de ciencias do Deporte e a E.F. da Universidade da Coruña: o GEXAFD".
- Relaciona o GEXAFD co "mapa conceptual da sociedade" explicando as funcións que desempeña.

21. Sinala frases, comentarios, actitudes, imáxes, situacións da vida cotiá que reflexen sexismo e machismo. Na sociedade, na publicidad, no deporte (en prensa, radio ou TV) e na Facultade.

22. Igualdade de oportunidades dende a perspectiva do xénero. Identifica as tendencias explicadas na ´Guía de Noviolencia para docentes" e explica os argumentos a favor/en contra de cada unha das posturas.

23. Igualdade de oportunidades: "Ellas también juegan"
http://ellastambienjuegan.wordpress.com/about/
https://es-es.facebook.com/pages/Ellas-tambi%C3%A9n-juegan/184029134983885
- Tarefas: facer seguimento
- De quen é a iniciativa e de donde parte.
- Recoller noticias: deportes, noticias, equipos, deportistas, etc. para posta en común.
- ¿Pode considerarse como unha EDP?

24. "Asociación de Hombres por la Igualdad de Género": AHIGE. http://www.ahige.org/principiosbasicos.html
http://www.ahige.org/ganamosconlaigualdad.html
http://www.ahige.org/decalogo.html

- Identifica nos seus principios básicos/decálogo os conceptos sociolóxicos que son propios da asignatura.
- Sinala as actividades que organizan e que ti tamen poderías organizar ou nas que poderías participar como profesional da E.F.

25. Homes rompendo estereotipos de xénero no deporte. RETOMA A IDEA DOS POSTERS DA ASIGNATURA DE TEORÍA E HISTORIA.
http://www.ahige.org/referentessociales.html
- Por grupos, elaborar un poster dun home que racha cos estereotipos de xénero no deporte.
- Incluir os seguintes datos: datos de identificación, modalidade deportiva, traxectoria, fotografía e fontes de consulta (libros, webs, tv, etc.)

26. Escribe unha estratexia de dicriminación positiva (EDP) dende o punto de vista do xénero para cada un dos ámbios propostos na práctica 9: espacio (dónde), tempo (cánto), actividades (a qué), xogo-reglas (cómo), materiais (con qué), mentalidade (cultura). Engadindo: linguaxe e avaliación.


27. Ventaxas/desventaxas da EDP: “pasar obrigatoriamente ás mulleres antes de tirar a marcar”. A Guía de nonviolencia para docentes facilita argumentos, engade outras consideracións.

28. Discute a idoneidade da seguinte estratéxia: “Utilizar o exercicio físico como castigo no ámbito da E.F e o deporte”.

29. Explica a seguinte frase utilizando conceptos sociolóxicos: "....as pelexas e motes que se poñen son cousas de nenos, non hai que facerlles caso, hai que deixar que eles resolvan as súas cousas".

30. "Plan Integral para la actividad física y el deporte"
http://www.csd.gob.es/csd/estaticos/plan-integral/LIBRO-PLAN-AD.pdf
- Obxetivos.
- Organismos implicados.
- Destinatarios.
- Recomendaciones para o profesional da E.F.

31. Significado do deporte para homes e mulleres. Modernidade ou postmodernidade. Competición ou recreación. ¿Estas diferencias as debe ter en conta o profesional da E.F. para orientar o seu traballo?

32. Características, cualidades dun bo profesional: profesor de E.F ou entrenador-monitor. Concretar a partir dos indicadores da Postmodernidades de Resistencia e engadir outros.

Proba mixta PROBA MIXTA.

* Refírese ao EXAMEN FINAL. (Ver apartado de "AVALIACIÓN")
* Ten un valor de 6 puntos
Sesión maxistral
SESIÓN MAXISTRAL.
Traballaranse os contidos que forman o marco teórico a través de exposicións orais con soporte audiovisuais, debates dirixidos, etc. Realizaranse para cada tema as "Prácticas de Aula" correspondentes.
Análise de fontes documentais Formará parte do traballo que teñan que realizar os alumnos para levar a cabo as "Practicas de Aula". Estas tarefas poden ser tanto a consulta bibliográfica como a visualización de videos, películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes