Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Socioloxía da actividade física e do deporte
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta PROBA MIXTA.
* Refírese ao EXAMEN FINAL. (Ver apartado de "AVALIACIÓN")
* Ten un valor de 4 puntos.






Obradoiro * A través desta metodoloxía de OBRADOIRO se propoñen as "PRÁCTICAS DE AULA".
- E necesario a realización das mesmas dado que serán materia de examen e son un instrumento para comprender os contidos.
- Xa non teñen o valor de 2 puntos como en cursos anteriores. O alumnado que acadara esta puntuación en cursos anteriores non se lle considera dado que cambiou o sistema de avaliación.
- Motivo de eliminar o valor de 2 puntos: o alumnado se dedicaba a copiar as prácticas do curso anterior ou as facian de calquera xeito, co obxectivo de buscar a firma da profesora, pero non se realizaban en serio e con interés de aprender.

* "RELACIÓN DE PRÁCTICAS":
Se indica a relación de prácticas para realizar ao longo do cuatrimestre: aínda que se poden introducir modificacións en función de acontecementos, datas significativas, conferencias na Facultade, etc.

PRACTICA 0. Identificar 2 temas de socioloxía uo de socioloxía del deporte en cada web:
- RUC (Repositorio da Universidade da Coruña): http://ruc.udc.es/dspace/
- CIS (Centro de Investigaciones Sociológicas): http://www.cis.es/cis/opencms/ES/index.html
- CSD (Consejo Superior de Deportes): http://www.csd.gob.es/
- AEISAD (Asociación Española de Investigación Social Aplicada al Deporte): http://www.aeisad.org/

1. Obxetivo da Socioloxía do Deporte e da asignatura.(Concepto de cultura de Durkheim).

1.1. Entrevista sobre o estereotipo do profesional da E.F. (perspectiva micro e despois macro)
- Tarefa: Preguntar a 3 persoas: alumnos de secundaria, usuarios de ximnasios, alumnos de outras Facultades, traballadores de diferentes ámbitos, etc. (Perspectiva micro-macro).
- Pregunta a realizar: ¿Qué opinión ten do profesional da E.F?: anotar opinión literal.
- Conclusión: a través da posta en común, que se realizará na aula, das respostas recollidas polos alumnos: Concretar o estereotipo (aproximación) do profesional de E.F. e do profesorado de E.F. que ten a sociedade.

2. Exemplos de investigación (sociolóxicos) nos tres paradigmas que poderías levar a cabo como profesional da E.F. e desenvolver como TFG.
- Consultar a web da AEISAD e do CSD para recoller ideas.
- Elixe 2 titulos das comunicacións recollidas nos libros de actas dos congresos da AEISAD ou de traballos do CSD que reflexen os temas que te gustaría traballar.




3. Maneiras de obrar, pensar e sentir dos homes. Cultura de xénero: tarefas domésticas, deporte, fútbol e relacións afectivas. (Perspectiva macro).

4. Maneiras de obrar, pensar e sentir das mulleres. Cultura de xénero: tarefas domésticas, deporte, fútbol e relacións afectivas. (Perspectiva macro)

- Para facer as prácticas 3 e 4 podes consultar a "Enquisa de Hábitos Deportivos en España" do CIS-CSD na web do CSD. para coñecer as diferencias de % de práctica en función do xénero. http://www.csd.gob.es/

- Visualiza os videos e busca relacións coas prácticas 3 e 4.
"Como una niña" https://www.youtube.com/watch?v=ECmW5ctnTfg
"Rosa y azul". https://www.youtube.com/watch?v=7hBX7YUAx2I&sns=fb
Sexo débil -sexo fuerte? https://www.facebook.com/USASevens/videos/10153475837232856/?fref=nf



- Busca en internet "Imágenes de estereotipos de genero Yang Liu". A autora sintetiza nun libro, a través de pictogramas, os estereotipos de xénero.




5. Modelos de familia da postmodernidade: de Decadencia e de Resistencia (perspectiva macro). Concretar en cada modelo a cultura deportiva que transmiten utilizando a estructura dos indicadores que aparecen no libro de "Non violencia no deporte e na vida. Guía para nais e pais".

- Escribe un modelo nunha carilla do folio e o outro modelo na outra carilla.

5.1. Relaciona o siguinte video con: modelos de familia, socialización, cultura, normas, valores, etc. http://www.youtube.com/watch?v=Efc0p0GASFY



6. Xerarquía de valores: personal, do grupo clase, do deporte e da sociedad actual. Indicar un exemplo de "maneiras de obrar" para cada valor. (Perspectiva micro-macro).



7. Xerarquía de valores dende a postmodernidade de resistencia. Indicar un exemplo de conducta para cada valor. (Perspectiva macro).
- Dividir a clase en postmodernidade de Decadencia e de Resistencia.



8. Mapa conceptual da sociedade. (Perspectiva macro)
- Aplicar o mapa da sociedade á Facultade.
- Identificar donde está o profesional da E.F., as súas funcións.
- Identificar o profesional de E.F. como axente de cambio social e como grupo de presión: ¿qué xerarquía de valores debe ter?



9. Nacemento do Deporte Moderno.
9.1. Respostar as preguntas do documento colgado en moodle sobre o libro de Mandell.
9.2. Análise macro do proceso de trasnformación das actividades recreativas en deportes. Identifica os ámbitos nos que interven a sociedade moderna para conseguir que as actividades recreativas se transformen en deportes. Texto Mandell.
9.3. Dos ámbitos identificados no apartado anterior, sinala os ámbitos nos que debe intervir un Tecnico Deportivo Municipal, na actualidade, para transformar un xogo popular en deporte.
9.4. Ámbitos-Variables que se poden utilizar para realizar Estratexias de Discriminación Positiva (EDP) na aula de E.F. Conexión coa práctica 26.



10. Identifica os conceptos da asignatura (mapa conceptual) que están presentes na seguinte frase e que sirven para explicala: “O campo de xogo é un auténtico medio educativo”. Explica a relación de cada concepto coa frase.



11.- Características do Deporte Moderno e Postmoderno. Identifica a través de guións as características de cada modelo. Despois establece as semellanzas e diferenzas.



12. Postmodernidade de decadencia ou de resistencia. Elixe unha das tendencias e elabora o mapa conceptual utilizando os indicadores-características que a definen (retomar indicadores da Practica 5). (Macro).




13. Concretar a Ética a través de frases ou instruccións que utilizarías para explicarlle o concepto o teu alumnado. Non sirven definicións académicas ou do diccionario.




14. Os "dilemas morais" como estratexia para traballar a ética e a moral. Aplica os seguintes dilemas morais a un grupo de compañeiros e resume as posturas:
- "Entrenas a un equipo e te piden que entrenes determinadas trampas".
- "Eres xogador/a e pidenche que te dopes".
- "Eres entrenador/a e ofrecenche cartos por perder un partido".

Documentos e webs para consulta da AEPSAD (Agencia Española de Protección de la Salud en el Deporte)
- "Vive sin trampas". Programa educativo http://www.aepsad.gob.es/aepsad/educacion/programa-vive-sin-trampas.html

-"Contra el dopaje colabora". http://www.aepsad.gob.es/aepsad/formulario-contacto.html





15. Responder ao "Código da Noviolencia" como profesional da E.F. e explica os motivos de desacordo.

15.1. Relaciona o siguinte video co Código da "Noviolencia"
http://www.sport.es/es/noticias/futbol/nino-anos-separa-entrenador-arbitro-medio-partido-2390577




16. Utiliza o "Código da Nonviolencia" como planilla de observación: dun compañeiro, profesor de E.F. entrenador, xogador, etc. Sinala as frases coas que pensas que estaría de acordo e en desacordo.




17. "Código da Nonviolencia". Indica as frases coas que estás de acordo pero que non levas a cabo.

17.1. Explica o que é a "doble moral". Identifica os conceptos sociológicos (do mapa conceptual) que están presentes na dobre moral.




18. 1. Como profesor/a elabora unha norma para cada subcategoría do “Código da Nonviolencia”.
10.2. E para cada tipo das normas explicadas no temario (Institucionais, cívico-sociais e ético-morais).



19. Acoso escolar. Programa "Vía V" Cómo evitar el acoso escolar (cap.413- parte 2- 19/11).
- Tarefa: Tomar apuntes do contido do vídeo para facer unha posta en común en clase: datos, %, conceptos, argumentos, etc.
http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2012/11/20/0031_6_159104.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador




20. GEXAFD: Grupo de Estudios de Xénero, Actividade Física e Deporte. http://www.udc.es/mulleredeporte/actividades.html?language=en
- Consulta a comunicación presentada ás II Xornadas de Innovación en xénero. Docencia e Investigación (Universidade de Vigo): "Deseño dunha estratexia educativa de xénero na Facultade de ciencias do Deporte e a E.F. da Universidade da Coruña: o GEXAFD".
- Relaciona o GEXAFD co "mapa conceptual da sociedade" explicando as funcións que desempeña.




21. Sinala frases, comentarios, actitudes, imáxes, situacións da vida cotiá que reflexen sexismo, machismo, postmachismo, micromachismo e feminismo. Na sociedade, na publicidad, no deporte (en prensa, radio ou TV) e na Facultade.

MACHISMO INVISIBLE Y MICROMACHISMO: https://www.youtube.com/watch?t=221&v=-oLWb0021P8


21.1. ¿Quién es machista? ¿Quién es feminista?


21.2. Violencia de xénero. Relacionar con Prácticas 3 e 4.
https://www.facebook.com/elpais/videos/10154327390421570/?pnref=story
Gabilondo. El País. Día Internacional de la Mujer. Explica la razón por la cual la violencia de género la desarrollan los hombres.




22. Igualdade de oportunidades dende a perspectiva do xénero. Identifica as tendencias explicadas na ´Guía de Noviolencia para docentes" e explica os argumentos a favor/en contra de cada unha das posturas.

22.1. Visiona o video da Diputación da Coruña sobre o deporte femenino e identifica os conceptos da asignatura que están presentes.
https://www.dicoruna.es/servizos-sociais/area-igualdade/proxectos-propios/sensibilizacion-e-igualdade-xenero/2016/contra-os-elementos/


23. Igualdade de oportunidades: "Ellas también juegan"
http://ellastambienjuegan.wordpress.com/about/
https://es-es.facebook.com/pages/Ellas-tambi%C3%A9n-juegan/184029134983885
- ¿Pode considerarse como unha EDP?



24. "Asociación de Hombres por la Igualdad de Género": AHIGE. http://www.ahige.org/principiosbasicos.html
http://www.ahige.org/ganamosconlaigualdad.html
http://www.ahige.org/decalogo.html

- Identifica nos seus principios básicos/decálogo os conceptos sociolóxicos que son propios da asignatura.
- Sinala as actividades que organizan e que ti tamen poderías organizar ou nas que poderías participar como profesional da E.F.


25. Homes rompendo estereotipos de xénero no deporte.
- Identificar un deportista que racha cos estereotipos de xénero no deporte.
- Incluir os seguintes datos: datos de identificación, modalidade deportiva, traxectoria, fotografía.

https://www.youtube.com/watch?v=Mt27UvP6x1k
https://www.youtube.com/watch?v=OxAWVgBL7ns



26. Escribe unha estratexia de dicriminación positiva (EDP) dende o punto de vista do xénero para cada un dos ámbios propostos na práctica 9: espacio (dónde), tempo (cánto), actividades (a qué), xogo-reglas (cómo), materiais (con qué), mentalidade (cultura). Engadindo: linguaxe e avaliación.




27. Ventaxas/desventaxas da EDP: “pasar obrigatoriamente ás mulleres antes de tirar a marcar”. A Guía de nonviolencia para docentes facilita argumentos, engade outras consideracións.



28. Discute a idoneidade da seguinte estratéxia: “Utilizar o exercicio físico como castigo no ámbito da E.F e o deporte”.



29. Explica a seguinte frase utilizando conceptos sociolóxicos: "....as pelexas e motes que se poñen son cousas de nenos, non hai que facerlles caso, hai que deixar que eles resolvan as súas cousas".



30. Significado do deporte para homes e mulleres. Modernidade ou postmodernidade. Competición ou recreación. ¿Estas diferencias as debe ter en conta o profesional da E.F. para orientar o seu traballo?



31. Características, cualidades dun bo profesional: profesor de E.F ou entrenador-monitor. Concretar a partir dos indicadores da Postmodernidades de Resistencia e engadir outros.

Sesión maxistral SESIÓN MAXISTRAL.
Traballaranse os contidos que forman o marco teórico a través de exposicións orais con soporte audiovisuais, debates dirixidos, etc. Realizaranse para cada tema as "Prácticas de Aula" correspondentes.
Aprendizaxe servizo Trabajo voluntario en el centro "Padre Rubinos" para personas sin techo.
- Actividad: participar cómo ayudante-monitor/a entrenando el equipo que participa en una liga de fútbol.
- La calificación del trabajo, sobre 10 puntos, hará media con la calificación final obtenida en la asignatura a través de los examenes, siempre que esa calificación sea de aprobado.

Para hacer este trabajo voluntario (o cualquier otro) el alumnado debe tener la autorización de la profesora.
Proba obxectiva Refírese os "Examenes Parciais". Teñen un valor de 6 puntos
Faranse tantos examenes como bloques temáticos hai, ainda que cada un ten diferente valor dado que o contido de cada bloque tamen é diferente:
- Bloque I: 5%
- Bloque II: 10%
- Bloque III: 10%
- Bloque IV: 20%
- Bloque V: 20%
- Bloque VI: 20%
- Bloque VII: 15%

O alumnado ten que ter todos os examenes aprobados para poder presentarse na convocatoria de xuño. Si non teñen todos aprobados deben ter todos feitos e polo menos 5 aprobados dos 7 totales.
Análise de fontes documentais Formará parte do traballo que teñan que realizar os alumnos para levar a cabo as "Practicas de Aula". Estas tarefas poden ser tanto a consulta bibliográfica como a visualización de videos, películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes