Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Socioloxía da actividade física e do deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 A1 A3 A7 B3 B5 B7 B12 B15 B18 B19 C4



**Refírese os "Examenes Parciais". Teñen un valor de 6 puntos.
Faranse tantos examenes como bloques temáticos hai, ainda que cada un ten diferente valor dado que o contido de cada bloque tamen é diferente:
- Bloque I: 5%
- Bloque II: 10%
- Bloque III: 10%
- Bloque IV: 20%
- Bloque V: 20%
- Bloque VI: 20%
- Bloque VII: 15%

Estas Probas obxectivas realizaranse a través da plataforma de tele-formación da UDC (Moodle) na aula e durante un tempo adaptado ao número de preguntas. Polo tanto, o alumnado debe traer a aula os aparellos necesarios para poder realizar o examen.

O alumnado ten que ter todos os examenes aprobados para poder presentarse na convocatoria de xuño. Si non teñen todos aprobados deben ter todos feitos e polo menos 5 aprobados dos 7 totales realizados.



60
Proba mixta B7 C6 CONVOCATORIA DE XUNIO:
- Só poden presentarse a este examen o alumnado que ten aprobados todos os examenes parciais ou polo menos ten aprobados 5 parciais e tense presentado a todos.
- Valor do examen final: 4 puntos sobre 10
- Para aprobar o examen final hai que aprobar as tres partes do examen. Non se fará media si hai dúas partes aprobadas e unha suspensa.

CONVOCATORIA DE XULLO:
** O alumnado que sigue a AVALIACION CONTINUA e non superou o examen en xuño fara de novo o examen en xullo para acadar o aprobado.
- Se lle gardan as calificacións dos parciais ( valor total 6 puntos).
- O examen final ten un valor de 4 puntos sobre 10.

** O alumnado que NON fixo AVALIACIÓN CONTINUA.
- O examen de xullo ten un valor do 100%.
- Para aprobar deben sacar un 6 como media das tres partes do examen. Pero coa condición de que cada unha das partes do examen esté aprobada.

TIPOS DE PREGUNTAS EXAMEN FINAL:

O examen consta de tres partes. Coa calificación de cada unha se fai a media para a nota final (sempre que cada unha das partes esté aprobada).

* Proba de resposta múltiple. Consta de un test de 20-25 preguntas, cada pregunta terá 4 posible respostas que se puntuan como sigue.
- Cada acerto valerá 1/nº opcións verdadeiras.
- Cada erro valerá -1/nº de opcións falsas.

* Proba de V-F: o criterio de corrección é acertos menos erros. Para aprobar esta parte hai que respostar correctamente á metade das preguntas.

* Proba de preguntas abertas: non se desconta si as respostas son incorrectas, pero se valora a calidade da redacción e a claridade de ideas. Para aprobar esta parte hai que acadar a metade da puntuación total.

ADVERTENCIA: Esta parte de preguntas abertas é a que máis suspende o alumnado que non fixo as prácticas en serio, que as copiou de compañeiros, que non acudiu a clase con regularidade e que non tomou apuntes do que se explica na clase.



40
Obradoiro A2 A1 A3 A7 B5 B12 B15 B19 C4 C7


O obradoiro refírese ás PRACTICAS DE AULA
Lembrase ós alumnos que na planificación da asignatura, para estas actividades se considera necesario invertir aprox. 90 horas non presenciais/traballo autónomo do alumno

1.-PRÁCTICAS DE AULA:

* EVALUACIÓN: As Prácticas de Aula se evaluan a través das preguntas que se incluirán nos examenes parciais (preguntas de resposta múltiple e preguntas de V-F).
- Os examenes parciais teñen un valor de 6 puntos.
- Si se suspenden os examenes parciais se perde a puntuación que corresponde a ese examen.

* O OBXECTIVO DA REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS: a precisión na resposta. Non se trata de escribir moito, se trata de buscar a mellor resposta no menor espacio posible. As prácticas sirven para traballar os conceptos da materia e para saber aplicar esos conceptos o traballo do profesional da E.F.

* EXTENSIÓN: Unha carilla de folio é o espacio máximo que deberá ocupar unha práctica, pero para algunhas será suficiente media carilla. Pode haber algunha que precisará de maior espacio, se indicará na aula.

* RELACIÓN DE PRÁCTICAS: O alumnado debe saber facer todas as prácticas realizadas na aula que están indicadas no apartado 5. "Metodoloxías" pois serán posibles preguntas do examen final (Proba mixta) e tamen dos exames parciais (Proba obxectiva).

* METODOLOXÍA DAS PRACTICAS. O alumno debe facer as practicas na casa, como entrenamento para os examenes parciais e para o examen final do cuatrimestre.
- Na clase de grupo reducido o alumno debe preguntar as dúbidas.
- As "Titorías da asignatura" se planifican especialmente para resolver as dúbidas das "Prácticas" antes do examen, aínda que tamen as dos contidos de cada bloque.

OBXECTIVOS XERAIS das PRÁCTICAS.

* Que o alumno comence a comprender e a estudar e a aplicar o contido da materia dende os primeiros días de clase.

* Ser capaz de facer reflexións e elaboracións conceptuais propias a partir dos contidos. Non se trata de memorizar para facer os examenes. Non se trata de copiar o que aparece nos materiais da asignatura para elaborar respostas para as prácticas. Non se trata de copiar as prácticas feitas polos compañeiros do ano anterior.

* Traballar a síntesis e a elaboración propia nas respostas das prácticas, de cara ao examen parcial e final.

* Ser capaz de aplicar os coñecementos ó traballo do profesional da E.F.





0
Aprendizaxe servizo A1 A3 A7 B3 B5

Traballo voluntario no centro "Padre Rubinos" para persoas sin teito.

- Actividade: participar como axudante-monitor/a entrenando o equipo que participa nunha liga de fútbol.

- A calificación do traballo, sobre 10 puntos, fará media coa calificación final obtida na asignatura a través dos examenes, sempre que esa calificación sexa de aprobado.

Non se indica neste apartado o valor na avaliación pois é un traballo voluntario.

Para facer este traballo voluntario (ou calquera outro) o alumnado debe ter a autorización da profesora.

Outros temas para TRABALLOS VOLUNTARIOS: aplicar os conceptos da asignatura a un partido (espectadore-xogadoras), club-equipo, facer entrevistas a persoas do colectivo LGTBIQ, etc.





0
 
Observacións avaliación

1.- AVALIACIÓN DA ASIGNATURA: REALIZASE SOBRE 10 PUNTOS. O EXAMEN FINAL VALE 4 PUNTOS,  E OS EXAMENES PARCIAIS VALEN 6 PUNTOS 


*A PROBA MIXTA-EXAMEN FINAL CUATRIMESTRE:TEN UN VALOR DE 4 PUNTOS
- Para poder presentarse na convocatoria de xuño é preciso ter feita a avaliación continua, coas condicións que se indican no apartado de Avaliación. 
- PARA APROBAR O EXAMEN É NECESARIO TER APROBADAS AS TRES PARTES DO EXAMEN. Con algunha parte do examen suspensa non se fará media para poñer a nota final. 

 
2.- TRABALLOS VOLUNTARIOS. 
 A).-- Experiencia de Aprendizaxe e Servizo: Participación na experiencia do albergue "Padre Rubinos" para persoas sin teito organizada pola Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da UDC. Os asistentes ao albergue participan nunha liga de fútbol formada por outras entidades que tamen traballan con persoas en risco de exclusión social: Cruz Vermella, Equs Cebra, etc.

- Ofrécese a dous alumnos a posibilidade de participar ocomo axudante do entrenador.
- O traballo voluntario consistirá en identificar os conceptos da asignatura na experiencia na que participan. 
 B).-- O alumnado que esté entrenando equipos ou levando actividades extraescolares pode organizar unha entrevista en grupo para falar sobre os conceptos de sexismo, machismo, feminismo,etc.
- Debe grabar a entrevista debate e despois transcribila.
- A continuación debe identificar en ese texto os conceptos da asignatura. 
C).-- Os sonidos do deporte": grabar o sonido dun entrenamento, dunha actividade nun gimnasio, nas gradas dun partido, etc.
- Transcribir a grabación.
- Identificar os conceptos da asignatura. 

VALOR DO TRABALLO VOLUNTARIO.
- A calificación do traballo fará media coa nota acadada na materia (examen final + parciais). É necesario ter aprobada a materia para facer media.

 3.- OS ALUMNOS SUSPENSOS DO CURSO 2016-2017 AINDA QUE TEÑAN PUNTUACIÓN DE PRACTICAS E EXAMENES PARCIAIS NON SE LLES GARDAN AS PUNTUACIÓNS PARA O CURSO 2017-2018 POSTO QUE EMPEZAMOS UN NOVO SISTEMA DE AVALIACIÓN.

4.-INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO SUSPENSO NO 2017-18,
- OS QUE NON TEÑEN APROBADAS AS 3 PARTES DO EXAMEN FINAL. A calificación que lles aparecerá na acta será a puntuación máis baixa acadada na parte do examen FINAL que está suspensa, dado que esa parte é a que determina o suspenso. 

5.-CALIFICACIÓN DE XUÑO E XULLO

- Si un alumno está suspenso en xuño, e en xullo ten NP no seu expediente constará como SUSPENSO. 

6.- IDIOMA DO EXAMEN.
O examen final farase en castelán, si alguen desexa facer o examen en galego deben notificalo con una semana de antelación enviando un correo a profesora.

7.- ALUMNADO CON MATRICULA PARCIAL.
Deben falar coa profesora a principio de curso para atender os casos individualmente.

8.- ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. Deben poñerse en contacto coa profesora para buscar solucións axeitadas a cada situación. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes