Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Balonmán e a súa didáctica
   Contidos
Temas Subtemas
Bloque temático 1: Identificación, características e evolución do Balonmán.
Tema 1. Introdución ao ensino dos fundamentos do Balonmán como deporte colectivo:
Características xerais do xogo de balonmán como actividade deportiva con valores educativos, recreativos e competitivos de aplicación na Educación Física e na iniciación deportiva.
Conceptos e marco de contidos de ensino-adestramento: As habilidades técnico-tácticas individuais básicas de ataque e defensa. Estrutura, ciclo e fases organizativas do xogo, os sistemas de xogo e a táctica colectiva de ataque e defensa.
Tema 2. Terminoloxía e simboloxía específica do Balonmán. Conceptos.
Tema 3. Orixe e desenvolvemento do Balonmano: Evolución da estrutura e regras do xogo: do BM11 ao BM7. Organización do Balonmán e as súas competicións.
Bloque temático 2: As regras de xogo do Balonmán. Tema 4. Regras de xogo do BM a 7.
Tema 5. Regras Mini-Balonmano.
Tema 6. Regras Balonmano playa.
Bloque temático 3: Fundamentos didácticos do Balonmán Tema 7. As etapas de ensino-aprendizaxe no proceso de formación de xogadores de Balonmán:
Características, principios e obxectivos didácticos das etapas de iniciación global á específica (de alevíns, infantís a cadetes), no adestramento e na competición.
Tema 8. Cuestións básicas sobre a metodoloxía de ensino na formación de xogadores:
Os xogos como medio básico de ensino.
A metodoloxía de aplicación dos xogos no ensino dos fundamentos técnico-tácticos (aprender xogando).
Deseño, estrutura e desenvolvemento dos exercicios: Elementos básicos da comunicación das instrucións ou mensaxe docente.
Deseño, estrutura e desenvolvemento das sesións prácticas de ensino
Avaliación da eficacia pedagóxica dos exercicios e do adestramento (EEE).
Avaliación para o seguimento e a selección de talentos na formación de xogadores.
Bloque temático 4: Fundamentos técnico-tácticos individuáis do ataque. Tema 9. As habilidades e comportamentos específicos do xogador atacante portador do balón e do xogador atacante non portador do balón, relacionados coas capacidades asociadas á construción e finalización de xogo de ataque:
O desmarque e os desprazamentos sen balón
A posición de base
A adaptación e manexo do balón
Os desprazamentos con balón e o bote
Os pases e a recepción do balón
Os lanzamentos a portaría
As fintas
Bloque temático 5: Fundamentos técnico-tácticos individuáis de defensa. Tema 10. As habilidades e comportamentos específicos do xogador defensor do atacante portador do balón e do xogador defensor do atacante non portador do balón, relacionados coas capacidades asociadas á marcaxe e á recuperación do balón, para evitar a construción de xogo atacante e o lanzamento a portaría. Fundamentalmente:
A marcaxe
A posición de base defensiva
Os desprazamentos defensivos
A desposesión do balón
A interceptación de pases
O blocaje de lanzamentos
Tema 11. As habilidades e comportamentos específicos do porteiro, relacionados coas capacidades asociadas ás paradas de lanzamentos. Fundamentalmente:
Características do porteiro
As situacións
A posición de base
Os desprazamentos
As intervencións
Coordinación cos xogadores de campo
Bloque temático 6: Fundamentos tácticos do dogo colectivo de ataque. Tema 12. Fases do xogo de ataque, e as condutas-capacidades básicas asociadas a cada fase.
Tema 13. Iniciación á fase de xogo de organización e execución do contra-ataque (o espazo de transición e a progresión de meta a meta).
Tema 14. Iniciación ao ataque en espazo amplo, contra defensas individuais ata medio campo e en dúas liñas.
Tema 15. Iniciación á organización colectiva e execución da fase de xogo de ataque posicional, en dúas liñas:
A organización e execución do sistema de xogo de ataque posicional 3:3
A organización e execución do sistema 3:3 a 2:4
Os postos específicos de ataque e as condutas de xogo asociadas a cada p.e.
Tema 16. Iniciación aos medios tácticos grupales, para o desenvolvemento do xogo colectivo de ataque.
Bloque temático 7: Fundamentos tácticos do xogo colectivo de defensa Tema 17. Fases do xogo defensivo, e as condutas-capacidades básicas asociadas a cada fase.
Tema 18. Iniciación á organización colectiva e execución das fases de xogo de defensa:
O balance defensivo
A organización e execución dos modelos de defensa individual ata medio campo
A organización e execución dos modelos de defensa individual en dúas liñas (5:1, 3:2:1, 3:3, )
A organización e execución da defensa en liña (6:0)
Os postos específicos defensivos e as condutas de xogo asociadas a cada p.e.
Tema 19. Iniciación aos medios tácticos grupales, para o desenvolvemento do xogo colectivo defensivo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes