Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Balonmán e a súa didáctica
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Práctica de actividade física
Análise de fontes documentais
Proba práctica
Descrición
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do profesorado e en ámbitos variados (académicos e profesionais). Refírese principalmente a aprender "a facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción por parte do alumnado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desta aprendizaxe por parte do profesorado.

O alumnado disporá de horas de titoría privada e horas de titoría en grupo para consultar ou ser asesoradas polo profesorado para o desenvolvemento das distintas tarefas da materia.

Do mesmo xeito, facilitarase a través de titorías presenciais ou virtuais a atención o alumnado con rexistro de asistencia parcial.

O correo electrónico e os equipos utilizaranse como medio de comunicación continuo entre o profesor e o alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes