Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Baloncesto e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballo de auto-entrenamiento do lanzamento a canastra ou traballo alternativo a proposta do alumno e previa aceptación do profesor.
Esquemas Os alumnos realizarán representacións gráficas das situacións de xogo colectivo máis habituais no baloncesto, en especial:
1. Os bloqueos directos e indirectos, e a sua defensa.
2. As defensas en zona e como atacar as mesmas.
Lecturas Lectura dos materiais indicados no apartado 8 ou de materiais novos e exposición do resumo dos mesmos, ben aos compañeiros de grupo que leen o mesmo libro ou a o grupo de clase.
Proba mixta Realización dunha proba onde expresen os alumnos as respostas axeitadas as cuestións prantexadas, argumentando as mesmas.
Práctica de actividade física Realización das habilidades específicas do baloncesto.
O exame práctico consistirá en tres probas: lanzamento a canastra, circuíto de bote, cambio de man entre as pernas e lanzamento en bandexa e práctica nunha situación global de xogo (3 x 3, 4 x 4 ou 5 x 5). Nesta situación de xogo global teranse en conta os aspectos básicos que deberán desempeñar como xogador con balón, compañeiro do xogador con balón e como defensores nestas dúas situacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes