Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Baloncesto e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Esquemas B1 B16 C3 A realización dos esquemas nas clases computa no primeiro apartado da avaliación, denominado "asistencia,participación, actitude e respecto dos compañeiros, profesores e dos materiais e instalacións". A presentación, en tempo e forma, dos traballos solicitados é condición necesaria para a sua contabilización na avaliación. 10
Práctica de actividade física A5 A25 Execución das habilidades específicas básicas do baloncesto: lanzamento e bote-cambio de dirección sen oposición; e execución das habilidades específicas nun contexto táctico de oposición (3 x 3). 30
Traballos tutelados A5 A8 A9 A12 A26 B1 B4 B11 B16 C3 A realización deste traballo está orientada ao fomento do traballo autónomo dos alumnos ao tempo que se practican diversas habilidades, relativas ao uso das novas tecnoloxías, ao rexistro metódico dos datos, á análise estatística dos mesmo e, finalmente, á comparación con outros estudos que deberon buscarse nas bases de datos máis importantes (JCR, Scopus).
Os alumnos poderán propoñer a realización doutros traballos alternativos que, deberán contar coa aprobación previa do profesor.
A realización do traballo achegará o 20% da cualificación final e, nos casos onde sexa necesaria unha adaptación curricular, poderá alcanzar ata o 100% desta.

20
Lecturas B4 B11 B16 C1 C3 A realización dos esquemas nas clases computa no primeiro apartado da avaliación, denominado "asistencia,participación, actitude e respecto dos compañeiros, profesores e dos materiais e instalacións". A presentación, en tempo e forma, dos traballos solicitados é condición necesaria para a sua contabilización na avaliación. Outro criterio de importancia é a proposta polos alumnos de novas lecturas de interese para o estudo dos procesos de ensino-aprendizaxe do baloncesto e, en termos mais xerais, dos deportes de equipo. 10
Proba mixta A26 B16 C1 Proba para comprobar o nivel alcanzado polos alumnos no dominio das competencias relativas aos procesos de ensino-aprendizaxe do baloncesto. 30
 
Observacións avaliación

Os alumnos deberán cumprir os criterios de asistencia,
participación, actitude de cooperación e comportamento respectuoso
co material
e todas as persoas da comunidade universitaria.

O profesor levará un rexistro
dos trabllos efectuados polos alumnos nos apartados do esquema e lecturas, que terán unha valoración, cada un deles, dun 10% da nota final.



Os alumnos poderán realizar un traballo de autoadestramento e
autoavaliación do lanzamento a canastra ou outro alternativo previa aceptación do profesor e xustificación das competencias que permitirá adquirir ao alumno. A entrega dos datos do autoadestramento de lanzamento efectuaráse na segunda e terceira
semana de curso e, no caso dun traballo alterrnativo o proxecto de traballo, terá estar entregado persoalmente, na derradeira sesión da segunda semana de curso. O devandito traballo achegará, de cumprir con todos os
obxectivos e procedementos propostos, un 20% da nota final, de non cumplir cos criterios indicados os alumnos non poderán conseguir puntuación neste apartado.

Os exames práctico e teórico, achegan, cada un, un 30% do total da
cualificación
.

O exame práctico consistirá en tres probas: lanzamento a canastra, circuíto de
bote, cambio de man entre as pernas e lanzamento en bandexa e práctica nunha
situación global de xogo (3 x 3, 4 x 4 ou 5 x 5). Nesta situación
de xogo global teranse en conta os aspectos básicos que deberán desempeñar como
xogador con balón, compañeiro do xogador con balón e como defensores nestas
dúas situacións.

Os alumnos que non cumplan os criterios de asistencia deberán facer, na convocatoria extraordinaria de Xullo, unha proba complementaria sobre metodoloxía do ensino do baloncesto.

En caso necesario, ou de adaptacións curriculares significativas, a porcentaxe do traballo poderá alcanzar o 100% da nota final.

Non se gardará a nota de ningún exame dun curso para o seguinte.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes