Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades de loita e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Habilidades de loita e a súa didáctica Código 620G01020
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Dopico Calvo, Xurxo
Correo electrónico
xurxo.dopico@udc.es
Profesorado
Carballeira Fernández, Eduardo
Dopico Calvo, Xurxo
Correo electrónico
eduardo.carballeira@udc.es
xurxo.dopico@udc.es
Web
Descrición xeral A presente asignatura como compoñente do módulo FUNDAMENTOS DOS DEPORTES ten como obxectivo principal desenvolver no/na estudinte as seguintes competencias: - Identificar e comprender os requisitos psico e sociomotores das habilidades de loita - Identifitar e comprender os elementos técnico-tácticos que estruturan os deportes de loita - Adquirir unha competencia básica na execución das habilidades de loita - Deseñar, desenvolver e avaliar procesos básicos de ensino-aprendizaxe relativos ás actividades de loita. Atendiendo a este planteamiento, los contenidos de la asignatura habían abordado fundamentalmente cuestiones referidas al empleo de las habilidades de lucha como componentes procedimentales en la Educación Física y en la iniciación deportiva, así como las peculiaridades didácticas derivadas de las mismas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos A imposibilidade da Docencia Presencial obrigará a adaptar os contidos teóricos á videoconferencia síncrona con todo o estudantado a través da ferramenta Teams. En relación aos contidos cuxos obxectivos impliquen a adquisición de competencias motrices (Saber Facer) serán adaptados tamén por videoconferencia naqueles aspectos que implican o coñecemento (ou Saber) dos principais criterios que determinan unha correcta execución, imposibilitándose, en cambio, o ensino e adquisición das competencias motrices que se determinan na Guía Docente. Polo demais, os contidos non sufrirán modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen *Metodoloxías docentes que se modifican Actividades iniciais Se impartirá por videoconferencia a través de Teams, gravándose e poñéndose a disposición dos/das estudantes en Stream e Moodle. Proba mixta Exame teórico dos contidos teórico-prácticos desenvolvidos durante o cuadrimestre, mais dos traballos solicitados, eliminando o Exame práctico de competencia motriz sobre os contidos prácticos expostos. Será non presencial, mediante utilización da plataforma Moodle. Sesión maxistral Presentación dos contidos de xeito expositivo a través de imaxes e/ou vídeos por parte do docente. Poderá tratarse de contidos exclusivamente teóricos e/ou de execución práctica. Se impartirá por videoconferencia a través de Teams, gravándose e poñéndose a disposición dos/das estudantes en Stream e en Moodle. Prácticas a través de TIC Consiste na elaboración e entrega dun traballo en formato video das habilidades de pe e de chan presentadas nos contidos, e executadas por outras persoas, para o cal utilizarán imaxes de video (internet, ou outros medios), e deberán editalas e ser montadas por cada alumno/a. A montaxe do video terá unha duración máxima de 20'. O/a estudante entregará, a través dun link (nube, plataforma, dropbox, etc) antes da data oficial do exame, o traballo descrito no apartado Metodoloxía. Prácticas clínicas O/a estudante visionará as sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento dispoñibles en internet e nas que, mediante planillas de observación deseñadas para o efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión. A sesión desenvolverase en clubes e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriormente descrita. O/a estudante deberá completar polo menos o equivalente a 6 observacións e terán que ser entregadas ao profesor da materia antes dalgunha das datas oficiais de exame establecidas para a primeira e segunda oportunidade. Cada observación incluirá as planillas de, polo menos, 2 links (con posibilidade de visionado por parte do profesor) a sesións ou tarefas de ensino/adestramento. Para ser considerada a observación, o tempo mínimo de análise recollida nos enlaces debe sumar 15´ (se non sumase ese tempo deberán incluirse tantos links como sexan necesarios para completalo). No caso de ter algunha planilla de observación, en clube ou escola, que fose previa á interrupción da presencialidade (se fora o caso), só se deberá realizar o traballo equivalente ás observacións pendentes. Neste último caso o/a estudante fará chegar, de maneira conxunta, as planillas de observación da fase presencial xunto coas da etapa non presencial. Simulación Os e as estudantes deberán preparar a exposición dalgún contido teórico-práctico concreto, para a súa posteriór presentación a través de Teams, de todo o grupo. Prácticas de actividade física Elimínase esta metodoloxía docente por imposibilidade da práctica. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Atención diaria, e resposta no menor tempo posible. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e/ou facer o seguemento dos traballos tutelados. - Moodle: Diario. Uso segundo a necesidade do alumnado. O desenvolvemento da materia, contidos, exames, cualificacións, etc. faranse, coma sempre, a través desta plataforma. Serán incorporados todos os arquivos, exposicións, links a páxinas web e explicacións detalladas en dita plataforma para acceso asíncrono a dito material. - Teams: Dúas sesións semanáis para substituir a presencialidade física de aula, e 1 titoría para actividades xa contempladas na situación de normalidade académica. Utilización deste recurso a demanda do/da estudante e do profesor para realización de titorías grupáis ou individuáis. 4. Modificacións na avaliación A cualificación final do/da estudante corresponderase coa media ponderada dos diferentes apartados sinalados a continuación. O/a estudante superará a materia se a media ponderada final é igual ou superior ao 50% da máxima nota posible, é dicir igual ou superior a 5 nunha escala 0-10. Proba mixta A realización é obrigatoria, e a puntuación é de 0 a 10, e será preciso obter o 50% para superar a proba. A porcentaxe do valor desta proba será do 40% da nota final. Prácticas a través de TIC Na súa avaliación terase en conta a calidade dos contidos, a montaxe, os aspectos formais na edición, e os aspectos didácticos do video. A realización é optativa, e a puntuación é de 0 a 10. A porcentaxe do valor desta proba será do 15% da nota final. Prácticas clínicas Na súa avaliación terase en conta o mantemento da estrutura solicitada, a pertinencia das sesións elexidas, a calidade da análise realizada polo/a estudante de cada observación, e a ponderación e os aspectos formáis dos diferentes apartados solicitados. A realización é optativa, e a puntuación é de 0 a 10. A porcentaxe do valor desta proba será do 25% da nota final, no caso de realizar, polo menos, 4 observacións no formato do contexto de non presencialidade (en caso contrario manterase o 10%) Simulación Se avaliará o contido da sesión, a metodoloxía didáctica empregada, a calidade na exposición dos contidos, a sincronizaciópn do grupo, e a calidade na utilización dos recursos virtuais. A realización é optativa, e a puntuación é de 0 a 10. A porcentaxe do valor desta proba será do 20% da nota final. Prácticas de actividade física Elimínase esta proba da Avaliación Final (0%) *Observacións de avaliación: Primeira e Segunda Oportunidade: 1. Para Estudantes de primeira matrícula: serán de aplicación os criterios do presente Plan de Continxencia. 2. Para Estudantes de segunda matrícula, ou posteriores, non incluidos en ningún grupo ABCDEF (ben sexa por non asistencia e/ou porque manteñen partes da avaliación superadas en convocatorias precedentes): mantéñense os criterios e porcentaxes da Guía Docente da súa última cualificación oficial, tendo en consideración a súa situación académica ao respecto das partes superadas e non superadas da materia (información dispoñible en Moodle), e informando individual, e adicionalmente, a cada estudante, no caso de que o solicite; permitirase, en todo caso, a realización de todas as probas deste Plan de Continxencia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía As recomendacións bibliográficas mantéñense, xa que é con elas coas que se elaboran as presentacións e apuntes de aula. Todo o novo material bibliográfico e webgráfico será informado durante o desenvolvemento da docencia presencial virtual, e estará a disposición do estudantado en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes