Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades de loita e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Habilidades de loita e a súa didáctica Código 620G01020
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Dopico Calvo, Xurxo
Correo electrónico
xurxo.dopico@udc.es
Profesorado
Carballeira Fernández, Eduardo
Dopico Calvo, Xurxo
Correo electrónico
eduardo.carballeira@udc.es
xurxo.dopico@udc.es
Web
Descrición xeral A presente asignatura como compoñente do módulo FUNDAMENTOS DOS DEPORTES ten como obxectivo principal desenvolver no/na estudinte as seguintes competencias: - Identificar e comprender os requisitos psico e sociomotores das habilidades de loita - Identifitar e comprender os elementos técnico-tácticos que estruturan os deportes de loita - Adquirir unha competencia básica na execución das habilidades de loita - Deseñar, desenvolver e avaliar procesos básicos de ensino-aprendizaxe relativos ás actividades de loita. Atendiendo a este planteamiento, los contenidos de la asignatura habían abordado fundamentalmente cuestiones referidas al empleo de las habilidades de lucha como componentes procedimentales en la Educación Física y en la iniciación deportiva, así como las peculiaridades didácticas derivadas de las mismas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos • Non se realizan cambios, manténdose a totalidade dos contidos. A imposibilidade puntual da Docencia Presencial obrigaría a adaptar os contidos teóricos á videoconferencia síncrona co estudantado afectado, a través da ferramenta Teams. En relación aos contidos cuxos obxectivos impliquen a adquisición de competencias motrices (Saber Facer) serán adaptados por videoconferencia naqueles aspectos que implican o coñecemento (ou Saber). 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen • Mantéñense a totalidade das Metodoloxías, e simplemente podería modificarse a Sesión Maxistral de contido práctico orientado ao “Saber Facer”, por Sesión Maxistral de contido práctico a través de Teams, orientado ao “Saber”. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado • Correo electrónico: Atención diaria, e resposta no menor tempo posible. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e/ou facer o seguemento dos traballos titelados. - Moodle: Diario. Uso segundo a necesidade do estudantado. O desenvolvemento da materia, contidos, exames, cualificacións, etc. faranse, coma sempre, a través desta plataforma. Serán incorporados todos os arquivos, exposicións, links a páxinas web e explicacións detalladas en dita plataforma para acceso asíncrono a dito material. - Teams: Dúas sesións semanáis para substituir a presencialidade física de aula, e 1 titoría para actividades xa contempladas na situación de normalidade académica. Utilización deste recurso a demanda do/da estudante e do profesor para realización de titorías grupáis ou individuáis 4. Modificacións na avaliación • Non se contemplan modificacións na avaliación, xa que todas as probas poden acollerse a unha modalidade non presencial, no caso de coincidir a situación puntual de confinamento. *Observacións de avaliación: • Mantéñense as mesmas que figuran na Guía Docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía • Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de xeito dixitalizado en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes