Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades de loita e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia: obxectivos, desenvolvemento dos contidos, das sesións, do sistema e proceso de avaliación, e explicación do traballo do/da estudante.
Proba mixta Exame teórico dos contidos teóricos e prácticos presentados e desenvolvidos nas diferentes metodoloxías empregadas. As Prácticas de Valoración Motriz (PVM), que avalían os contidos presentados, e as competencias adquiridas, nas Prácticas de actividade física, tamén se inclúen dentro deste apartado.
Sesión maxistral Presentación dos contidos de xeito expositivo e demostrativo por parte do PDI. Poderá tratarse de contidos exclusivamente teóricos e/ou de execución práctica.
Simulación Os e as estudantes deberán preparar e expoñer contidos teórico-prácticos da materia, que serán presentados en sesión presencial diante do resto do grupo.
Práctica de actividade física Desenvolvemento dos contidos teórico-prácticos que incluirán os aspectos relativos aos criterios motrices de execución, á didáctica específica, á adquisición de competencia motriz nas habilidades, e á realización de tarefas para a adquisición das competencias requeridas da materia.
Prácticas clínicas O/a estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante planillas de observación deseñadas polo PDI para tal efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión.

A sesión desenvolverase en clubs e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriormente descrita. O responsable da actividade asinará a Planilla de Observación dando fé da tarefa realizada.

Estas prácticas tamén poderán realizarse mediante observación on-line de sesións, con outra estrutura (planilla) deseñada polo PDI a tal efecto.
Prácticas a través de TIC Consiste na elaboración e entrega dun traballo en formato video das habilidades de pe e de chan presentadas nos contidos, e executadas polo/a estudante (ou formato alternativo, previa solicitude). A montaxe do video didáctico terá unha duración máxima de 20'.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes