Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Teaching Fight Skills
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
ICT practicals A5 A11 A18 A25 A27 A33 A36 B7 B10 B16 C1 O alumno entregará na data oficial do exame o traballo descrito no apartado Metodoloxía. Na súa avaliación terase en conta a calidade dos contidos, da execución, e aspectos formais na edición do video. 10
Mixed objective/subjective test A4 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 B2 B16 C1 Exame teórico de pregunta curta e/ou a desenvolver, sobre os contidos teórico-rácticos expostos. A puntuación é de 0 a 10, e será preciso obter o 50% para superar a proba. A realización desta proba é obrigatoria. 30
Simulation A5 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 B16 C1 Se avaliará o contido da sesión, a metodoloxía didáctica empregada, a calidade na exposición dos contidos e a conducción e resolución de cuestións plantexadas polo grupo. A realización é optativa, e a puntuación é de 0 a 10. 10
Physical exercise A4 A5 A7 A8 A11 A25 A26 A27 B1 B2 B7 B16 Estes contidos serán avaliados mediante:

a) 5 Probas de Valoración Motriz (PVM) (realización optativa) en avaliación continua (puntuación de 0 a 10). Suporán o 35% do total (necesario superar mínimo 3 delas para poder sumar no cómputo xeral final; cada proba considerarase superada cando a puntuación sexa igual ou superior a 5 puntos.

b) Exame práctico final (realzación optativa na data oficial sinalada), de valoración da competencia motriz nas habilidades específicas de loita. Supòrá o 15% da calificación (puntuación de 0 a 10). Será preciso obter o 50% para que poida sumar no cómputo xeral final.
50
 
Assessment comments

Será de obrigado cumprimento a asistencia a un mínimo do 70% das sesións da asignatura (60% no caso de estudantes con adicación a tempo parcial) para que o apartado de Probas de Valoración Motriz (35%), e o de Simulación (10%) podan ser sumados no cómputo xeral final. Unha vez que o 70% (60%) da asistencia sexa obtido, poderase sumar: a) O 35% da puntuación obtida nas Probas de Valoración Motriz, toda vez que 3 probas sexan superadas (5 puntos), ainda que a media final de todas as probas sexa menor de 5. b) O 10% do valor da Proba de Simulación, ainda que a puntuación sexa menor de 5 puntos.

No caso de non ter o 70% mínimo de asistencia (ou 60% nos estudantes con matrícula a tempo parcial) , esixirase unha media de 7 puntos nas Probas de Valoración Motriz para acadar o dereito a sumar esa porcentaxe (35%) na nota final.

As Prácticas a través de TIC non precisan asistencia para a súa avaliación.

A única parte da avaliación que é obrigatoria realizar (e aprobar) para sumar un mínimo de 5 puntos necesarios para superar a asignatura é a Proba Mixta. O resto pódese obter en función das decisións e organización dos e das estudantes. A calificación final (entre 0 e 10) virá determinada pola suma dos valores que poidan ser tomados en conta, e en virtude do anteriomente exposto. A asignatura estará superada ao acadar un mínimo de 5 puntos. Cada unha das partes superadas, incluida a asistencia, será mantida en sucesivas oportunidades, e en sucesivos anos (ata novo aviso en inicio de curso, ou previo cambio do sistema de avaliación). Os casos de lesión crónica ou transitoria, así como os de estudantes con discapacidade, serán tratados e resoltos individualmente polos profesores da asignatura.

En cada oportunidade, o non concorrer á proba mixta, en caso de que esta non fose superada previamente, 
implicará a calificación do alumno como non presentado.

Non se contemplan probas de avaliación on-line pola natureza dos contidos.

Os exames da Proba Mixta (teóricos) serán entregados nas dúas linguas oficiáis da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes