Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades de loita e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A11 A18 A25 A27 A33 A36 B7 B10 B16 C1 C3 O/a estudante entregará na data oficial do exame, da primeira ou segunda oportunidade, o traballo descrito no apartado Metodoloxía. Na súa avaliación terase en conta a calidade dos contidos, a execución (de ser o caso), easpectos formais, e valor didáctico, na edición do video. 10
Proba mixta A4 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 B2 B16 C1 Exame teórico de pregunta test, curta e/ou a desenvolver, sobre os contidos teórico-prácticos expostos. A puntuación é de 0 a 10, e será preciso obter o 50% para superar a proba. A realización desta proba é obrigatoria.

No caso de ter que realizar esta proba de xeito on-line, realizarase a través das plataformas oficiais da UDC.
20
Simulación A5 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 B16 C1 Se avaliará o contido da sesión, a metodoloxía didáctica empregada, a calidade na exposición dos contidos e a conducción e resolución de cuestións plantexadas polo grupo. A realización é optativa, e a puntuación é de 0 a 10. 15
Práctica de actividade física A7 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 C1 Estes contidos serán avaliados mediante 5 Probas de Valoración Motriz (PVM) (realización optativa) en avaliación continua (puntuación de 0 a 10 cada unha das probas). Suporán o 45% do total (necesario superar mínimo 3 delas para poder sumar no cómputo xeral final), e cada proba considerarase superada cando a puntuación sexa igual ou superior a 5 puntos.

É necesario un mínimo do 80% de asistencia ás sesións da materia (60% no caso de estudantes a tempo parcial) para poder avaliar esta sección.
45
Prácticas clínicas A7 A8 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B2 B3 O/a estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante planillas de observación deseñadas polo PDI para tal efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión. A sesión desenvolverase en clubs e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriormente descrita. O responsable da actividade asinará a Planilla de Observación dando fé da tarefa realizada.

O/a estudante deberá completar polo menos 6 planillas de observación que terán que ser entregadas ao PDI da materia nalgunha das datas oficiais de examen establecidas para a primeira ou segunda oportunidade.

Previa solcitude individual ao PDI da asignatura, e en situacións especiais, estas prácticas tamén poderán realizarse mediante observación on-line de sesións, con outra estrutura (planilla) deseñada polo PDI a tal efecto.

10
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIÓNS RELATIVAS Á PRIMEIRA OPORTUNIDADE PARA ESTUDANTES CON MATRÍCULA TOTAL E PARCIAL

Será de obrigado cumprimento a asistencia con participación a un mínimo do 80% das sesións da asignatura (60% no caso de estudantes con adicación a tempo parcial) para que o apartado de Probas de Valoración Motriz poida ser sumado no cómputo xeral final, é decir, unha vez que o 80% (ou 60%) da asistencia sexa obtido, poderase sumar a porcentaxe da puntuación obtida nas Probas de Valoración Motriz (Prácticas de actividade física), toda vez que 3 probas sexan superadas (5 puntos), ainda que a media final de todas as probas sexa menor de 5.

A única parte da avaliación que é obrigatoria realizar (e aprobar) para sumar a porcentaxe correspondente, e superar a asignatura, é a Proba Mixta. O resto pódese obter en función das decisións e organización dos e das estudantes. A cualificación final (entre 0 e 10) virá determinada pola suma dos valores que poidan ser tomados en consideración, e en virtude do anteriomente exposto. A asignatura estará superada ao acadar un mínimo de 5 puntos. Cada unha das partes superadas, incluida a asistencia con participación, será mantida en sucesivas oportunidades, e en sucesivos anos (ata novo aviso ao inicio do curso, ou previo cambio do sistema de avaliación). 

Os casos de lesión crónica ou transitoria, así como os relativos a estudantes con algunha discapacidade (e/ou calquera outro caso especial), serán tratados e resoltos individualmente polo PDI da asignatura.

En cada oportunidade, o non concorrer á Proba Mixta (salvo que xa fose superada previamente), implicará a cualificación do/da estudante como Non Presentado na oportunidade.

CONSIDERACIÓNS RELATIVAS Á SEGUNDA OPORTUNIDADE PARA ESTUDANTES CON MATRÍCULA TOTAL E PARCIAL

As probas de avaliación serán as mesmas que para a primeira oportunidade. No caso de non ter realizado a proba denominada "Práctica de actividade física" (ou tela suspensa), os/as estudantes poderían, previa solicitude, presentarse a un exame final global desta proba, sendo necesario obter un 5 para superar a mesma. No caso de non dispoñer da procentaxe de asistencia con participación requerida (80% en matrícula total e 60% en matrícula parcial) os/as estudantes poderían igualmente presentarse, pero sen opción de poder sumar a porcentaxe establecida para esa proba ata obter o mínimo de asistencia con participación requerida na materia (esta situación non impediría a superación da materia, atendendo aos criterios xerais de avaliación).

CONSIDERACIÓNS RELATIVAS Á PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE, E ESTUDANTES CON MATRÍCULA TOTAL E PARCIAL

Os exames das diferentes probas estarán en castelán, e se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitarase unha semana antes das datas de realización.

Todas as probas que precisen para a súa realización dunha plataforma que permita a execución on-line, serán realizadas polas ferramentas oficiáis da UDC. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (incluido o plaxio) implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.

Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento, así como a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes