Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Metodoloxía de investigación en actividade física e deporte
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Metodoloxía de investigación en actividade física e deporte Código 620G01021
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Saavedra Garcia, Miguel angel
Correo electrónico
miguel.saavedra@udc.es
Profesorado
Saavedra Garcia, Miguel angel
Correo electrónico
miguel.saavedra@udc.es
Web http://https://sites.google.com/site/miguelsaavedraudc/home
Descrición xeral Os contidos desta materia son moi recentes na historia da Educación Física, xa non só do plan de estudos dos distintos I.N.E.F.s e facultades do estado (que iniciou o seu camiño en 1995, precisamente no INEF de Galicia), senón de calquera outro centro onde se impartiron estudos similares. É importante orientar os nosos estudos ao redor dun método. Esta materia trata de impulsar ao alumnado a utilizar mecanismos de control sobre a calidade da súa actividade profesional e de utilizar a toma de decisión baseada nas evidencias científicas (para iso será necesario coñecer a estatística elemental). Como xa dixo TOMAS HUXLEY "a ciencia é simplemente sentido común levado ao máximo. A investigación debería ser vista máis como un método de resolución de problemas que como un escuro e misterioso reino inhabitado". Aínda que se deron moitas definicións de investigación, todas caracterizan a actividade investigadora como estructuradora da resolución de problemas. A palabra "estrutura" refírese ao amplo número de técnicas de investigación que poden ser utilizadas. Todo este conxunto de técnicas atópase interrelacionado pola metodoloxía, sendo esta, por tanto, instrumento imprescindible para a investigación e no desenvolvemento responsible da nosa profesión. Esta materia presenta os métodos básicos necesarios para a construción, na súa totalidade, de deseños de investigación nos diferentes ámbitos de actuación do profesional das ciencias da Actividade Física e o Deporte. Nos últimos anos, observouse un aumento considerable da oferta formativa sobre os principios de investigación científica, como demanda a unha futura participación dos profesionais das ciencias da actividade física e do deporte en equipos multidisciplinares de profesionais e á necesidade de participar en proxectos de investigación e unha mellora na calidade dos estudos e das publicacións que se derivan deles. Ao mesmo tempo producíronse avances nas técnicas da información e a comunicación, de forma que a literatura científica fíxose moito mais accesible, así como programas informáticos que permiten o estudo da realidade. Os profesionais da actividade física basean cada vez mais as súas decisións á hora de intervir, en evidencias proporcionados polos estudos publicados. É por todo iso que, cada vez resulta mais importante comprender os fundamentos presentados nesta materia para a comprensión última dos estudos e a súa mellor interpretación. O obxectivo principal é dotar ao alumnado de mecanismos de control sobre a calidade da súa intervención profesional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan modificacións dos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Investigación (Proxecto de investigación) *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: impártese por videoconferencia a través de Microsoft Teams, as sesións grávanse e póñense ao dispor dos/das alumnos/as para a súa reprodución asíncrona no propio Microsoft Teams ( Stream) ou por outros medios ( wetransfer, ydray unicamente nos primeiros días do uso do Teams). Solución de problemas: basicamente mantense, salvo que as dúbidas, preguntas e explicacións realízanse vía Microsoft Teams en lugar de presencialmente. Esquemas e resumos: basicamente mantense, pero ao ser un traballo manuscrito, dotouse aos alumnos/as de titoriais para que, co uso dun teléfono móbil, poidan xerar un documento pdf e envialo por correo electrónico. Mapa Conceptual: basicamente mantense, pero ao ser un traballo manuscrito, dotouse aos alumnos/as de titoriais para que, co uso dun teléfono móbil, poidan xerar un documento pdf e envialo por correo electrónico. Proba mixta: a primeira (relativa aos temas 1 e 2) realizarase de maneira non presencial e terá a mesma estrutura que na modalidade presencial, mediante a plataforma Moodle e previa invitación vía correo electrónico (para diferenciar os/as alumnos/as de primeiro e segundo cuadrimestre). A proba final da primeira oportunidade do segundo cuadrimestre, e se fose o caso, a proba da segunda oportunidade, realizarase de maneira non presencial mediante a plataforma Moodle. Estará composta por 10 preguntas curtas (podendo solicitarse a resolución de problemas mediante este tipo de pregunta), 10preguntas test e a resolución dun problema. Análise de fontes documentais, esta metodoloxía elimínase. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle: Os contidos da materia están en Moodle desde o primeiro día de curso. Tamén se realizan comunicacións (tarefa: etiqueta) para informar os/as alumnos/as de cuestións importantes e envíanse correos masivos de reforzo ás notificacións. Microsoft Teams: Realízanse por esta vía, as sesións maxistrais (de grupo grande) e as interactivas (de grupo pequeno), un total de 3 sesións por semana. Ademais, é posible a realización titorías tanto individuais como grupais por esta vía (baixo demanda) e é un medio de resposta rápida (cuestión de minutos ou varias horas como máximo). Correo electrónico: É posible a realización titorías tanto individuais como grupais por esta vía (baixo demanda) e é un medio de resposta rápida (cuestión de minutos ou varias horas como máximo). 4. Modificacións na avaliación Proba mixta 2 (exame final), cun peso do 40% sobre a calificacion total da materia: Proba de preguntas curtas (incluíndo problemas a resolver) e tipo test na plataforma Moodle e que se realizará nas datas e horarios oficiais. Proba mixta 1 (exame parcial), cun peso do 10% sobre a cualificación total da materia:Proba de preguntas curtas, de relacionar e de completar na plataforma Moodle e realizada en horario pactado cos/coas alumnos/as. Investigación (Proxecto de investigación), cun peso do 25% da cualificación global da materia: Mantense a descrición incluída na guía docente. Esquemas, cun peso do 15% da cualificación global da materia: Mantense a descrición incluída na guía docente. Mapa conceptual, cun peso do 10% da cualificación global da materia: Mantense a descrición incluída na guía docente. *Observacións de avaliación: As observacións recollidas na guía docente mantéñense, excepto a referida á necesidade de superar o 50% da parte teórica e o 50% da parte práctica da proba mixta final como requisito para superar a materia. Por tanto, a cualificación do alumnado corresponde á media ponderada dos diferentes apartados presentados no apartado anterior. O estudante superará a materia se dita media ponderada final é igual ou superior ao 50% da máxima cualificación posible (5 ou superior nunha escala de 0 a 10). Tanto a primeira como a segunda oportunidade avaliarase da mesma forma. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía As recomendacións bibliográficas mantéñense, xa que con elas elaboráronse as presentacións e apuntamentos de alua que están en Moodle. De todos os xeitos, atenderase calquera petición por parte dos/das alumnos/as (xa sexa de forma individual ou gurpal), para fornecer en formato pdf a ampliación da documentación incluída na plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes