Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A6 A7 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B15 B12 B11 B10 B8 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 Deseño e desenvolvemento de sesións de intervención relacionadas cos diferentes elementos do proceso de ensinanza-aprendizaxe 20
Proba mixta A11 A12 A13 B1 B2 B3 B5 B11 B12 B15 B16 C1 Realización dunha proba escrita desenvolta na plataforma da Universidade da Coruña sobre os contidos desenvoltos nos diferentes sesións teóricas e prácticas da materia 30
Prácticas a través de TIC A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 Levaranse a cabo diferentes actividades no propio desenvolvemiento das sesións nas que, de xeito individual ou por grupos, se profundizará nos contidos relacionados con diferentes temas. 10
Traballos tutelados A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 Presentación dun traballo de deseño, análise e avaliación dos diferentes aspectos relacionados cos procesos de ensino-aprendizaxe levados a cabo na proba práctica

40
 
Observacións avaliación

Considérase obrigatoria a asistencia ás diferentes actividades lectivas da materia

A porcentaxe requirida para a superación da materia será do 70% considerado en relación á participación proporcionalmente ás diferentes sesións presenciais (expositivas e interactivas)

A superación da materia implicará a superación dos seguintes apartados tanto na 1ª como na 2ª oportunidade, ou convocatorias posteriores nas condiciones que se expoñen a continuación: 

PARTICIPACIÓN

- Enténdese por participación nas prácticas de actividade física ou sesións maxistraís e o desenvolvemento en prazo e forma das tarefas que se expoñan en relación aos contidos relacionados coas sesións. O non cumprimento por motivos xustificados do 70% da asistencia pode implicar a non superación da materia, constando o estudante como "Non Presentado" na cualificación final. Dita falta de participación non xustificada pode inhabilitar igualmente para a superación da materia na segunda oportunidade ou sucesivas convocatorias, ata que esta cúmprase. No caso de que non se alcance o 70% de asistencia e participación por motivos xustificados na avaliación da 1ª oportunidade poderase establecer para a/o estudante unha alternativa equivalente en relación ao desenvolvemento de tarefas e alcance de competencias relacionado cos contidos desenvolvidos nas sesións ás que non asistiu.  

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto se mantéña a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.

PROBAS PRÁCTICAS

- Nas tres primeiras semanas do cuadrimestre os estudantes confirmarán o grupo e as datas de participación na/s proba/s práctica/s.

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto se manteña a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.


TRABALLOS TUTELADOS

Proporase os primeiros días de clase unha rúbrica para a elaboración, supervisión e corrección de dito traballo tutelado, que poderá ser moficado a proposta d@s estudante e co visto bo do profesor

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto mantéñase a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.


PROBA MIXTA

A proba mixta terá lugar nas datas asignadas no calendario oficial, como parte de avaliación final da materia. Esta proba poderáse levar a cabo ben sobre papel presencialmente na facultade, ou ben no campus virtual ou Teams, para o que os/as estudantes deberán traer e utilizar os seus propios computadores portátiles ou tabletas dixitais. 

As diferentes preguntas ou tarefas desta proba mixta distribuiranse de maneira ponderada considerando os diferentes temas, prácticas ou traballos da materia.

O idioma escrito desta proba será o de impartición da materia; facilitarase noutro idioma (español, galego) aos estudantes que o soliciten con dúas semanas de antelación.

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto mantéñase a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.

Entenderase en calquera caso que para a superación da materia será preciso ter superados os diferentes apartados da avaliación


ESTUDANTES DE DEDICACIÓN A tempo PARTCIAL 

En función das suas posibilidades de asistencia e participación acordarase, por escrito, cos/as estudantes de dedicación a tempo parcial, un modelo alternativo das diferentes actividades de desenvolvemento e avaliación dos diferentes temas e apartados de avaliación, atendendo a un plantexamento de horas de dedicación equivalente aos/as estudantes de matricula a tempo completo.

En concordancia cos plantexamentos de sosteniblidade que está a promover a Universidade da Coruña, na medida do posible seguiránse as seguintes pautas:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

1.2. Realizarase a través de Moodle ou Teams, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais


En termos xerais, ao realizar probas on-line, empregarase a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta

A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).   

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes