Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Metodoloxía do rendemento deportivo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A19 A31 B1 B2 B4 C1 C3 C4 Realización de varios mapas conceptuales re-ordenando funcional y jerárquicamente conocimientos sobre el sistema de actividad de competición de un deporte y su contexto, y de los principios fundamentales para entrenar ese deporte, en el contexto elegido. 50
Proba obxectiva A19 A27 A31 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe dos contidos e competencias da materia (saber, saber hacer, saber decir) cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. 50
 
Observacións avaliación

A avaliación continuada (Traballos Tutelados; Mapas Conceptuales; Atención Personalizada), contempla :
- a función diagnóstica, formativa e sumativa.
- realízanse en diferentes momentos: ao inicio, durante e final do proceso formativo.
- utilízanse diversos procedementos e instrumentos de recollida de información.

A Proba obxectiva constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar os coñecementos, as capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa, e pode combinar distintos tipos de preguntas:  de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Nos Mapas Conceptuais avalidarase o traballo individual, no grupo, tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A atención personalizada (AP) avalidarase a partir da participación, tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

Anotacións:

1- Na primeira e na segunda oportunidades, os
traballos tutelados e a proba obxectiva deben de obter alcanzar na súa
cualificación polo menos o 60% do seu porcentaxes para poder obter unha
cualificación igual ou superior ao aprobado.

2- Os
traballos tutelados e/ou probas prácticas aprobados só ten validez en cada
unha das convocatorias.

3- Na primeira e na segunda oportunidades, o estudante que supera a presenza mínima nas clases establecidas na Memoria do Grao, sempre tenn  dereito de avaliación final. 


4- Os
estudantes matriculados en segunda convocatoria ou máis optarán polo sistema de
avaliación continua, ou por unha proba obxectiva final única que terá un valor
do 100% da cualificación.

5- Estudantes con esperanza de Matricula de Honor (MH) deben entregar ficheiro de texto (rafael.martin@udc.es) antes da data do exame  do cuatrimestre. O traballo e unha extensión, profundización ou aplicación de calquera dos temas da Guía. Este traballo pode ser orientado en tutoriais co profesor.

6- O alumno  respostará a proba escrita na lingua da súa elección: galego o castelá. O profesor dará as preguntas por escrito no exame en castelán. O estudante que quere ter as preguntas en galego debera facer a petición ao  Profesor sete días naturais antes da data oficial marcada para a proba escrita.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes