Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Fisioloxía do exercicio II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Fisioloxía do exercicio II Código 620G01025
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Márquez Sánchez, Gonzalo José
Correo electrónico
gonzalo.marquez@udc.es
Profesorado
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Márquez Sánchez, Gonzalo José
Correo electrónico
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
gonzalo.marquez@udc.es
Web
Descrición xeral A Fisioloxía do exercicio II é unha materia cuadrimestral, de 6 créditos ECTS, que pertence ao Módulo 2, Anatomía e fisioloxía (formación básica). Como o seu propio nome indica, a Fisioloxía do exercicio encárgase de estudar o comportamento dos diferentes aparellos e sistemas durante o exercicio, entendéndoo no seu sentido máis amplo, desde a actividade física máis espontánea e informal ata os máis elevados niveis de adestramento e competición deportivos. Coñecer como responde o corpo humano e como é capaz de adaptarse constitúe a base para a avaliación da condición física e para axustar os parámetros do adestramento aos obxectivos desexados. A Fisioloxía do exercicio impártese no segundo e nos terceiro cursos do Grao dividida en dúas materias, Fisioloxía do exercicio I e Fisioloxía do exercicio II. Na que nos ocupa agora, a Fisioloxía do exercicio II, de carácter máis aplicado e integrador, ocuparémonos de estudar as adaptacións estruturais e funcionais do organismo tras un proceso de adestramento. Abordaranse cuestións fisiolóxicas relacionadas coa idade e o xénero (MODULO I). Ademáis, estudaranse contidos relacionados coa valoración funcional dos diferentes compoñentes da condición física (MODULO II). En terceiro lugar abordaránse aspectos relacionados coa fisioloxía en ambientes especias de temperatura, humidade e presión atmosférica (MODULO III). Para rematar, no MÓDULO IV trataránse contidos que abordan o estudo da fatiga e as axudas ergoxénicas lícitas e ilícitas (doping). O estudo da fisioloxía do exercicio é imprescindible para o alumnado de Ciencias da Actividade Física e o Deporte e outros profesionais da colectividade deportiva. Adquirir coñecementos e competencias baseados na evidencia científica permitiralles deseñar e supervisar exercicios e adestramentos afastados de xuízos apriorísticos e actuacións intuitivas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes