Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Fisioloxía do exercicio II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Con anterioridade á primeira sesión maxistral, o alumnado deberá ler a Guía Docente da materia e responder exitosamente a un cuestionario sobre a mesma.

Na primeira sesión maxistral presentarase a materia e resolveranse as cuestións que expoñan os/as estudantes sobre a mesma e de maneira específica sobre os aspectos da Guía Docente que precisen aclaracións.

Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudo adecuado da materia.

Tentaranse coñecer as motivacións e intereses do alumnado respecto á materia.
Sesión maxistral Serán sesións de grupo grande (60 estudantes).

De acordo coa normativa académica, a asistencia será obrigatoria pero non se terá en conta para a avaliación. Con todo, é necesario advertir que nalgunhas sesións realizaranse probas obxectivas que si se terán en conta para a avaliación e nas que só poderán participar os/as estudantes presentes na aula.

Previamente, o alumnado deberá ter preparados e lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos temas que se tratarán en cada sesión. No Campus Virtual dispoñerase dos obxectivos detallados para cada tema e a bibliografía recomendada, así como doutros materiais de apoio: presentacións audiovisuais, lecturas básicas e complementarias e probas de avaliación non presenciais.

Durante a sesión, o/a profesor/a irá explicando, coa axuda de recursos audiovisuais, os contidos nos que o alumnado atopase dificultades. Para iso deberá manter unha participación activa, o que significa expor dúbidas razoadas xurdidas dun traballo previo de lectura e reflexión sobre dos contidos.

Así mesmo, os/ as estudantes deberán responder de modo adecuado ás preguntas que formule o profesor ou calquera das persoas presentes na actividade e resolver as pequenas tarefas ou problemas que vaia expondo o profesorado.

Nalgunhas das sesións, sen aviso previo, propoñerase a realización de probas obxectivas (entre 5 e 15 ao longo do cuadrimestre) sobre os contidos do tema tratado nesa mesma sesión ou nas precedentes. Os resultados obtidos teranse en conta para a cualificación final na modalidade de avaliación continua presencial. Salvo para aqueles casos nos que se produza unha ausencia xustificada de acordo coa normativa da UDC, estas probas non se repetirán noutros momentos.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio realizaranse en grupos medianos (de 20 estudantes) e nelas abordarase o estudo e a aplicación práctica de diversos contidos da materia con diversos recursos.

Consistirán fundamentalmente en tarefas relacionadas coa avaliación e monitoraxe dos diferentes compoñentes da condición física e na realización de bebidas e preparados destinados á hidratación e recuperación.

Según la normativa académica, la asistencia será obligatoria pero no se tendrá en cuenta para la evaluación. No obstante, la asistencia será requisito imprescindible para poder realizar las pruebas objetivas presenciales y para la entrega de los trabajos que correspondan a los contenidos y competencias de estas prácticas.

Previamente, o alumnado deberán ter preparados e lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos contidos que se tratarán en cada práctica.

No Campus Virtual o alumnado disporá dos obxectivos detallados para cada tema e das probas de avaliación non presenciais.

O profesorado atenderá dun modo personalizado ou en pequenos grupos aos/as estudantes a fin de axudarlles a resolver as dificultades que atopen.

Durante a práctica o alumnado deberán manter unha participación activa e cumprir os obxectivos e as tarefas que se propuxeron con antelación suficiente.

Nalgunhas das prácticas, sen aviso previo, propoñerase ao alumnado a realización de probas obxectivas (entre 5 e 15 ao longo do cuadrimestre) sobre os contidos do tema tratado nesa mesma práctica ou nas precedentes (se fose o caso). Os resultados obtidos teranse en conta para a cualificación final na modalidade de avaliación continua presencial.

Do mesmo xeito, o alumnado deberá rexistrar os resultados das probas de condición física nun libro de Excel e finalmente entregará un informe completo coas medidas e avaliacións, de acordo coas instrucións puntuais que se irán facilitando e sometelas a través dun obradoiro habilitado en Moodle para ser resvisadas e evaluadas mediante rúbrica. Estas tarefas teranse en conta para a cualificación final na modalidade de avaliación continua non presencial.
Solución de problemas
A través da plataforma Moodle, e só nalgúns temas, o profesorado irá plantexando problemas relacionados con calculos enerxéticos e metabólicos, cálculos de consumo, intensidades de carga e esforzo, estimacións de perdas hídricas e necesidades de rehidratación, etc.

A participación e resolución destes problemas non serán obrigatorias nin computarán para a avaliación, a súa finalidade é contribuír a mellorar a comprensión e aplicación práctica dos coñecementos e as competencias adquiridos.

Con todo, os contidos e competencias traballados si serán obxecto de avaliación nas probas correspondentes.
Obradoiro Trátase dunha actividade voluntaria, non obrigatoria, pero que si computa para a avaliación. Por tanto, os/as alumnas que non a realicen, non obterán a puntuación correspondente.

Consistirá na elaboración dun Diario de Prácticas usando tanto as aplicacións Excel 365 e Word de Microsoft.

Os datos para incluír no arquivo serán obtidos durante a realización de prácticas nas que se aborden contidos sobre a medición e avaliación das respostas e adaptacións de diferentes variables fisiológicas. Por iso, só poderán realizar este obradoiro as persoas que asistan ás clases prácticas nas que se realicen as medicións.

Unha vez elaborado o Diario de Prácticas, será sometido a unha avaliación por pares a través dunha rúbrica que, finalmente, tamén será supervisada polo profesorado.
Proba obxectiva A través do Campus Virtual, o alumnado deberá realizar diferentes probas de avaliación que consistirán en cuestionarios online de entre 5 e 15 preguntas para a avaliación formativa e de 90 para os exames global e final. Poderán ser de diferentes tipos: test de opción única ou múltiple, de verdadeiro-falso, de relacionar, de ordenar, de completar, de calcular... O tempo de realización será, en xeral, de 1 minuto por pregunta, coa excepción daquelas preguntas nas que se requira a realización de cálculos, nas que se facilitará un tempo maior.

A modo de exemplo:
- Cada pregunta tipo test de opción única e 4 posibles respostas puntuarase de forma que o acerto valerá 1 punto e cada erro -0,25 (probabilidade de acerto por azar).
- Cada resposta múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá -1/nº de opcións falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,25 puntos.
- No caso das preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,50 puntos (probabilidade de acerto por azar).

No apartado de "Avaliación" explícanse estas probas con maior detalle.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes