Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Estrutura e organización deportiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A32 A34 B4 B14 C4 A participación en traballos das clases presenciais organizadas por grupos medianos e a súa entrega en documento.
20
Proba mixta A32 A34 B14 Proba que avalía os coñecementos teóricos e que se compoñe dunha pregunta aberta de desenvolvemento e unha proba obxectiva con varias preguntas de discriminación no que o erro na resposta desconta o valor de unha ou varias preguntas correctas 60
Eventos científicos e/ou divulgativos A32 A34 B14 C7 Actividade que implica que o alumno asista ou participe en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.). Entregarase unha memoria descritiva da actividade.


Nos casos que fora imposible participar en estes eventos ou actividades, deberá presentar un traballo sobre un tema relacionado cos contidos da materia acordado co profesor.
20
 
Observacións avaliación

1.  No se esixe asistencia para a avaliación. Non obstante, a asistencia ás clases de grupos medianos será necesaria para a avaliación desa parte.

2.  Será requisito para superar a materia que a suma total de todos os apartados sexa igual o superior ao 50% da avaliación. Estes requisitos serán tanto para a 1ª como a 2º oportunidade e de acordo coas seguintes especificacións:

2.1. Proba mixta. A pregunta aberta de desenvolvemento supón o 30% e as preguntas de discriminación (test) un 70% da nota da proba. As respostas incorrectas descontarán das respostas correctas. Será necesario aprobar esta proba para superar a materia.

2.2. Participación na organización de eventos científicos e/ou divulgativos cunha dedicación estimada de 20h. Entregarase unha memoria descritiva da actividade.

Nos casos que fora imposible participar nestes eventos ou actividades, deberá presentar un traballo sobre un tema relacionado cos contidos da materia acordado co profesor. 

2.3. A participación en traballos das clases presenciais organizadas por grupos medianos e a súa entrega en documento. Será preciso asistir ao 75% destas clases de grupos medianos para superar esta parte da asignatura. 

3. Será necesario superar a proba mixta para poder sumar o resto de apartados da avaliación.

4. Os apartados da avaliación superados na primeira oportunidade manteranse superados nas seguintes convocatorias pertencentes ao mesmo curso académico.

5. O alumnado con matrícula parcial terá que realizar as mesmas actividades que o resto de estudiantes. Poderán solicitar modificacións en datas e prazos de entrega previo acordo co profesor.

6. O exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitarase unha semana antes da data de realización

7. No caso de realizar probas on-line,  emplearase a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta

8. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes