Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividade física e deporte adaptado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante este tipo de sesións, farase unha exposición oral dos contidos. Ademais, contarase coa axuda dos medios audiovisuais co fin de clarificar o exposto. Os alumnos poderán intervir no momento que o desexen para aclarar calquera contido ou resolver dúbidas respecto da materia impartida.
Práctica de actividade física Trátase dunha técnica para aplicar con grupos reducidos. Ten por finalidade que os alumnos desenvolver empatía social e vivencien, mediante simulación, os problemas e dificultades que ten unha persoa con necesidades especiais á hora de realizar actividade física e deporte.
Estudo de casos Con este método, os alumnos enfrontaranse de maneira teórica a unha serie de datos específicos que lles van a permitir coñecer cales son as principais características de diferentes Alumnos con Necesidades Educativas Especiais (ACNEAE). A partir de aí, farán o deseño dunha sesión de educación física ordinaria (unha para cada un deles)/deles) na que se inclúan obrigatoriamente adaptacións segundo o caso. Ademais, cada sesión debe corresponder a un bloque diferente dos que marca o Decreto 86/2015 polo que se regulan os ensinos de secundaria obrigatoria en Galicia.
O documento comezará cunha portada de presentación na que conste o nome do alumno e o grupo ao que pertence. Deberá conter un índice paginado. E, ao final, terán que aparecer, como mínimo, cinco referencias bibliográficas seguindo unha normativa concreta (ex. APA-6ª ed.).
Mapa conceptual Trátase dunha técnica de traballo individual na que o alumno terá que establecer relacións entre os conceptos crave de cada un dos temas que se impartan. Son representacións que flúen en grao sumo xeral todo o máis detallado.
Aprendizaxe colaborativa Mediante este tipo de metodoloxía, preténdese fomentar o ensino-aprendizaxe de forma presencial baseándonos na organización da clase en pequenos grupos. O alumnado traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora para mellorar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.
Proba de discriminación Proba obxectiva que consiste en optar por unha das dúas opcións que se presentan a unha cuestión determinada. As respostas en branco non descontarán. Por cada fallo, restarase un acerto. O tempo máximo de realización da proba será dunha hora.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes