Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Expresión corporal e danza
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nesta metodoloxía incluénse os seguintes aspectos:
Presentación da profesora e da guía docente da asignatura.
Creación de grupos de traballo estables para a realización dos diferentes traballos teóricos, debates e coreografías grupais.
Realización de enquisas de experiencias previas na Expresión Corporal e Danza, así como expectativas do alumnado respeito a materia.
Sesións prácticas de desinhibición e creación dunha boa dinámica grupal.
Sesión maxistral Impartición de contidos teóricos por parte da profesora.
Práctica de actividade física Sesións prácticas de expresión corporal danza dirixidas pola profesora nas que se realizara dende un traballo más básico técnico ata un traballo de composición creativa a nivel individual, por parellas ou grupal. Os contidos abordados levarán ata a elaboración dunha coreografía individual e dunha coreografía grupal que computarán na calificación final da materia.
Discusión dirixida Debates coordinados pola profesora nos que os diferentes grupos de alumn@s cos seus correspondentes temas presentarán un traballo do mesmo que será obxecto de debate e discusión na aula e cuxo desenrrolo e conclusións deben rexistrarse por escrito e incluirse no portafolios da materia.
Portafolios do alumno Arquivador ou cartafol no que o alumnado recollerá cronolóxicamente todas as actividades de ensinanza-aprendizaxe realizadas ao longo do cuadrimestre: Diario de sesións coa definición de obxectivos, contidos e valorcaión persoal, traballos individuais e grupais, producións audiovisuais, resumos de debates realizados na aula, material de estudo entregado pola profesora, rexistro de sesións de traballo tutelado, entre outros. Este traballo servirá de guía e fundamento para o examen teórico e as coreografías finais.
Aprendizaxe colaborativa A partires de diferentes propostas os grupos traballarán na composición de diferentes coreografías de danza.
As coreografías grupais presentaránse nas sesións prácticas e recolleranse en formato audiovisual para a posterior visualización conxunta e a inclusión no portafolios.
Proba práctica Examen práctico da materia que consiste na relalización de dous coreografías de expresión corporal danza nas que se amosa o dominio dos contidos técnicos, expresivos e artísticos da materia. Unha coreografía executaráse de xeito grupal e a outra de xeito individual.
Proba mixta Exámen teórico da asignatura que poderá inserir diferentes tipos de preguntas: desenrrolo, curtas, test, test de opción múltiple, asocaiar, ordear, completar, etc.
Neste exámen entran todos os contidos e actividades realizadas ao longo do cuadrimestre, tendo especial importancia para a preparación tanto a asistencia diaria as clases como o seguemento da asignatura a través do portafolios.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes