Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Creación e dirección de empresas deportivas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Creación e dirección de empresas deportivas Código 620G01029
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Profesorado
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Web http://fagullo.info
Descrición xeral A asignatura de Creación e Dirección de Empresas intégrase no plan de estudos do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte con carácter optativo. Para xustificar a súa inclusión neste plan de estudos pódese dicir que é unha maneira de facer fronte a situación na que se atopan a xuventude ao tratar de se incorporar ao mercado de traballo e as dificultades que teñen que superar quenes pertencen ao devandito colectivo e ademaís son titulados universitarios. Coa asignatura preténdese que o alumnado desenvolva actitudes éticas e críticas fronte ao papel da empresa na sociedade, recoñecer o valor social do espirito emprendedor. A Integración desta asignatura no plan de estudos queda plenamente xustificada porque: 1. Contesta á importante demanda social que nos últimos tempos esixe un coñecemento máis científico e técnico do ámbito da Actividade Física e o Deporte, á vez que se requiere dar resposta a problemas tan ineludibles como é o paro xuvenil e o desemprego ou subemprego dos universitarios. 2. Responde á letra e ao espírito da normativa legal que regula a creación e funcionamento dos Institutos Nacionais de Educación Física, así como o contido esencial da Lei de Reforma Universitaria e a súa reforma cando considera que a universidade ha de servir para xerar coñecemento pero, ademais, debe transmitir ou transferir ese coñecemento á sociedade que a sustenta.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Simulación Proba obxetiva *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: os seus contidos se llevarán a cabo dentro da simulación. Simulación: para as entregas pendentes de avaliar será preciso entregar na memoria final todas as prácticas, actividade e demáis producións propostas polo profesor para cada unha das fases da simulación aínda non avaliadas. As tarefas a realizar polo alumnado estarán en Moodle disponibles, coas plantillas correspondiente para a execución. Para a súa calificación terase en conta: 1. execución correcta e completa 2. axeitada metodoloxía 3. profundidade de contidos 4. linguaxe propio do contexto económico 5. utilización de fontes complementarias e actuais 6. presentación e entrega en tempo establecidos 7. claridade na exposición 8. sólida defensa dos argumentos empregados A SÚA ENTREGA SERÁ OBRIGATORIA PARA APROBAR A ASIGNATURA. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico (fernando.agullo@udc.es): diariamente ou cando o precise o alumno. Teléfono (981 337400- 3589, desviado al teléfono particular del profesor): cando o precise o alumno, previa cita por correo-e. Moodle: segundo as necesidades dos alumnos en función da evolución temporal dos contidos. Teams: nos horarios establecidos polo centro parra a materia e nos cursos creados pola udc, sempre que esta dote dos medios que se precisan. 4. Modificacións na avaliación Non se realizan cambios, agas os indicados nas metodoloxías modificadas do apartada 2. Polo que a ponderación seguirá sendo a mesma. *Observacións de avaliación: As que figuran na guía docente da materia, agás no referente ás modificacións nas metodoloxias establecidas neste plan de continxencia e a súa repercusión cualitativa na avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes