Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Creación e dirección de empresas deportivas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A32 A34 B3 B4 B5 B6 B19 B20 C5 Desenvolverase unha simulación ao longo do curso que consistirá nun xogo de simulación emprendedora.
Esta simulación constitúe un exercicio completo e integrador, tanto pola diversidade dos aspecto que aborda como do número de variables que se manexan ao plantexar unha inicativa emprendedora en grupo. Os membros, integrantes de cada un dos grupos de traballo, terán tamen o reto de asumir un determinado rol dentro do grupo co que, en función das sus competencias e coñecementos sobre determinados aspectos do traballo a desenvolver, cada un optimice as súas habelencias individualis poñendoas ao servicio do grupo para acadar os obxetivos propostos.
O xogo de simulación emprendedora consistirá na posta en marcha dun proxecto empresarial para o que se fará o deseño empresarial e se elaborará un plan de empresa co correspondente análise da viabilidade.
O traballo farase de forma grupal coas tarefas encomendadas en cada unha das tres fases. Estas fases serán as seguintes:
1ª. Diseño do modelo de negocio (CANVAS)
2ª Elaboración dun plan de empresa abreviado sen análise economica-financeira
3ª Estudo de viabilidade (Excel) e presentación e entrega dun portafolios co Plan de Empresa e todo o traballo desenvolvido polo grupo no curso.
40
Proba obxectiva B20 C4 C5 A proba será un cuestionario de preguntas tipo test ou preguntas abertas ou ambas. O test será de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto. As preguntas de resposta aberta poderán ser unha breve explicación, un resumo, unha representación e interpretación de gráficas, a resolución de problemas, etc. 60
 
Observacións avaliación

Este sistema de avaliación continua esixe a asistencia as sesións presenciais. A porcentaxe mínima de asistencia para esta avaliación será do 70%, sen ter en conta as ausencias debidamente xustificadas, dacordo ao establecido pola normativa da udc.

A proba obxetiva formularase en castelán e se poderá respostar en calquera das linguas oficiais da udc. En caso de desexala en galego, deberá indicarllo ao profesor una semana antes da súa realización. Non se poderán portar reloxos nin teléfonos intelixentes.

As persoas que estudan con matrícula en réxime de estudo a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, aos que se lles recomenda seguir un plan de titorías personalizado, terán o mesmo sistema de avaliación que os estudantes a tempo completo, pero non terán a obriga da asistencia.

Cada unha das entregas e probas serán calificadas sobre dez para facilitar a súa comprensión. A calificación final (CF) de APTO acadarase con 5 puntos, e será o resultado da seguinte operación:

CF= (Nota da simulación X 0,40) +(Nota da proba obxetiva final X 0,60).

A PROBA OBXETIVA SERÁ OBRIGATORIA PARA APROBAR A ASIGNATURA. Se non se realiza, a calificación final (CF) será NON PRESENTADO. Se a nota da proba obxetiva é de 5 ou superior, se poderá aprobar a asignatura con independencia da calificación da simulación.

A SIMULACIÓN NON SERÁ OBRIGATORIA PARA APROBAR A ASIGNATURA. Se non se realiza a simulación ou non se cumple o requisito da asistencia, a calificación final (CF) será exclusivamente a nota da proba obxetiva sen ponderar.

Segunda oportunidade:

As calificación das diferentes metodoloxías de avaliaciónda da primeira oportunidade da convocatoria soamente se manterán para a segunda oportunidade, na que se deberán cumplir os mesmos requisitos que se establecen para a primeira oportunidade.

Implicacións do plaxio:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes