Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Creación e dirección de empresas deportivas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A32 A34 B3 B4 B5 B6 B19 B20 C5 Desenvolverase unha simulación ao longo do curso que consistirá nun xogo de simulación emprendedora.
Esta simulación constitúe un exercicio completo e integrador, tanto pola diversidade dos aspecto que aborda como do número de variables que se manexan ao plantexar unha inicativa emprendedora en grupo. Os membros, integrantes de cada un dos grupos de traballo, terán tamen o reto de asumir un determinado rol dentro do grupo co que, en función das sus competencias e coñecementos sobre determinados aspectos do traballo a desenvolver, cada un optimice as súas habelencias individualis poñendoas ao servicio do grupo para acadar os obxetivos propostos.
O xogo de simulación emprendedora consistirá na posta en marcha dun proxecto empresarial para o que se fará o deseño empresarial e se elaborará un plan de empresa co correspondente análise da viabilidade.
O traballo farase de forma grupal coas tarefas encomendadas en cada unha das tres fases. Estas fases serán as seguintes:
1ª. Diseño do modelo de negocio (CANVAS)
2ª Elaboración dun plan de empresa abreviado sen análise economica-financeira
3ª Estudo de viabilidade (Excel) e presentación e entrega dun portafolios co Plan de Empresa e todo o traballo desenvolvido polo grupo no curso.
70
Proba obxectiva B20 C4 C5 A proba será un cuestionario de preguntas tipo test ou preguntas abertas ou ambas. O test será de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto. As preguntas de resposta aberta poderán ser unha breve explicación, un resumo, unha representación e interpretación de gráficas, a resolución de problemas, etc. 30
 
Observacións avaliación

Este sistema de avaliación continua esixe a asistencia as sesións presenciais. A porcentaxe mínima de asistencia para esta avaliación será do 70%, sen ter en conta as ausencias debidamente xustificadas, dacordo ao establecido pola normativa da udc.

A proba obxetiva formularase en castelán e se poderá respostar en calquera das linguas oficiais da udc. En caso de desexala en galego, deberá indicarllo ao profesor una semana antes da súa realización. Non se poderán portar reloxos nin teléfonos intelixentes.

As persoas que estudan con matrícula en réxime de estudo a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, aos que se lles recomenda seguir un plan de titorías personalizado, terán o mesmo sistema de avaliación que os estudantes a tempo completo, pero non terán a obriga da asistencia.

Cada unha das entregas e probas serán calificadas sobre dez para facilitar a súa comprensión. A calificación final (CF) de APTO acadarase con 5 puntos, e será o resultado da seguinte operación:

CF= (Nota da simulación X 0,70) +(Nota da proba obxetiva final X 0,30).

A PROBA OBXETIVA. Se realizará 1 proba final obxetiva que será un cuestionario de preguntas tipo test ou preguntas abertas ou ambas. Esta proba non será obrigatoria, pero, en caso de que se faga, a súa calificación, para poder añadila á calificación obtida na simulación, non poderá ser inferior á calificación ponderada da simulación. Encaso contrario, a calificación final (CF) será exclusivamente a da simulaciónponderada. O test desta proba será de resposta pechada con catro alternativas e soamente unha correcta. Os fallos restarán a carta parte dun acerto.

A SIMULACIÓN. Se requerirá, para seguir este sistema de avaliación continua, a asistencia e participación activa nas sesións presenciais e a resolución das actividades propostas en cada fase da simulación. Será obligatoria a presentación e entrega grupal de cada unha das fases da simulación, con todas as tarefas encomendadas, nas que se deberá obter a calificación de APTO (si non se
realiza, a calificación final será exclusivamente a da proba obxetiva sen
ponderar e si ésta tampouco se realiza, será NP)
. Cada . Cada falta de participación ou incumprimento respeto ao tempo ou forma de entrega, terá una penalización do 10% na calificación da simulación.

Segunda oportunidade:

As calificación das diferentes metodoloxías de avaliaciónda da primeira oportunidade da convocatoria soamente se manterán para a segunda oportunidade, na que se deberán cumplir os mesmos requisitos que se establecen para a primeira oportunidade.

Implicacións do plaxio:

A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o ou a estudante será cualificada con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes