Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Business Start-up and Management
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Para cursar esta asignatura (optativa) non é imprescindible ter coñecementos previos sobre temas económicos. Pero é unha asignatura de moito proveito cando o alumno ten idea de poñer en marcha un proxecto empresarial como vía para de acceso ao mercado laboral. A materia de Creación de empresas permitirá ao alumno coñecer como llevar a cabo a posta en marcha e comprender o proceso de elaboración do plan de empresa e experimentar o traballo de reflexión que conleva.

Para un mellor rendimento na aprendizaxe é importante facer titorías grupais e individuais. Esta recomendación está especialmente indicada no caso de estudantes con dedicación ao estudo a tempo parcial. 

Para conseguir un medio ambiente sustentable e mellorar a nosa contorna social, nesta materia se deberán ter en conta as seguintes recomendacións:

1.- A entrega dos documentos producidos farase en formato dixital ou soporte informático, a través do correo electrónico, sen necesidade de imprimilos, excepto no caso do portafolios co plan de empresa de cada grupo que se fará como se indica no punto 2 (seguinte).

2.- Se o alumno ten a dispensa que contempla a udc para non asistir as sesións presenciais, as produccións requeridas para a súa avaliación se farán todas agrupadas nunha única entrega en papel. Para facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, se fara a dobre cara, dúas páxinas por folla e sen plásticos.

3.- Nesta materia traballarase para incorporar a perspectiva de xénero e identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas, e influir na contorna para fomentar valores de igualdade.

4.- Tamén facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, ou psíquicas, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria, adaptando para elo, previa solicitude do alumno, a metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe e a avaliación a cada caso particular.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes