Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Formulación de actividades de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con Tics., que se organizan en pequenos grupos de alumnos que traballan de forma conxunta na resolución de tarefas asignadas polo profesor, para optimizar o seu propio aprendizaxje e o doutros membros do grupo.
Discusión dirixida Exporanse grupos reducidos de traballo nos que se desenvolverán de forma autónoma por parte dos alumnos aspectos básicos do tema, discutiranse en pequeno grupo seguindo as pautas marcadas no guión do tema de discusión, e con posterioridade elaborarase un documento por escrito cos aspectos principais e as súas conclusións. Sobre o devandito documento elaborarase unha presentación, que levará a cabo co resto dos alumnos, sendo obxecto de AVALIACIÓN tanto o documento como a presentación realizada
Presentación oral Exposición oral, con utilización dos Tics., sobre traballos elaborados por parte dos alumnos de forma individual ou colaborativa.
Traballos tutelados Traballo elaborado en pequeno grupo consistente na realización dun ou varios elementos dunha programación didáctica, enmarcada nun PROXECTO CURRICULAR DA ÁREA DE E. FÍSICA para unha etapa educativa determinada.
Este traballo terá carácter de obrigatorio, e computará a efectos de avaliación e de cualificación final dos alumnos.
Proba mixta Constará da realización dun exame final na convocatoria de Xuño (e Xullo no seu caso), composto dunha parte conceptual e outra de preguntas de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo indispensable superar cada unha das partes para a obtención do aprobado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes