Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A5 A6 A8 A11 A13 B2 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B16 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C6 C7 Será obrigatorio asistir ás clases, polo menos ao 65% das sesións en pequeno/mediano grupo para poder superar a materia, no caso de non cumprir os criterios de asistencia, a criterio do profesor,poderase suplir a mesma coa elaboración dun traballo complementario sobre a temática desenvolvida nas devanditas sesións.
A Discusión dirixida consistirá na elaboración, de forma individual ou pequeno grupo, e exposición de traballos encomendados polo profesor, e a súa posterior posta en común e discusión en pequeno grupo.
Valorarase:
A: A estrutura do documento elaborado sobre a tematica proposta, e a argumentación e formulación de posicións con respecto ao tema concreto na discusión en pequeno grupo, que se recollerán nun documento memoria manuscrito.
B: A presentación pública, no seu caso, ao resto dos alumnos do documento elaborado e a súa posterior discusión en gran grupo, debendo recoller as conclusións noutro documento manuscrito.
No caso de non levar a cabo na súa totalidade este apartado, debido exclusivamente a problemas derivados da organización do curso e/ou tempo necesario para o desenvolvemento dos contidos da materia, e, por conseguinte, non ter datos obxectivos suficientes para a súa valoración, a proposta do profesor a ponderación sobre a cualificación final deste apartado redistribuirase equitativamente nas outras metodoloxías de avaliación obrigatorias contempladas nesta guía docente.
20
Traballos tutelados A6 A8 A9 A10 A11 A12 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B10 B12 B14 B16 B18 B20 C1 C3 C4 C6 C8 Este apartado constará de:
A: Elaboración dun traballo obrigatorio, individual ou grupal, consistente na realización dun ou varios elementos dunha programación didáctica, enmarcada nun PROXECTO CURRICULAR DA ÁREA DE E. FÍSICA para unha etapa educativa determinada, segundo o guión achegado polo profesor, publicado en moodle, e que en todo caso desenvolverase nas sesións prácticas de pequeno/mediano grupo. Presentarase de forma práctica na aula, podendo utilizar as TIC, e este proceso formará parte da avaliación do propio traballo.
B: Realización de traballos voluntarios, individuais ou en grupos reducidos sobre temas de interese elixidos polos propios alumnos, previa consulta co profesor da súa temática e estrutura. (Este último apartado será de execución voluntaria e complementarase coa asistencia e participación nas actividades desenvolvidas na aula, podendo supor un complemento equivalente a un 10% sobre a cualificación final obtida polos alumnos nos apartados obrigatorios)
30
Proba mixta A4 A10 A13 B7 B14 B16 C1 Constará da realización dun exame final na convocatoria de Xuño, composto dunha parte conceptual e outra de preguntas de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo indispensable superar cada unha das partes para a obtención do aprobado. 50
 
Observacións avaliación
Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos apartados obrigatorios contemplados na Avaliación, considerándose como NON PRESENTADO a aqueles alumnos/ as que non se presenten ao exame final na data prevista no calendario oficial da Facultade .
A valoración do apartado correspondente á metodoloxía de avaliación "DISCUCIÓN DIRIXIDA" (20%) poderase repartir equitativamente entre as outras metodoloxías de avaliación obrigatorias contempladas nesta guía docente. Este suposto darase exclusivamente no caso de que non se poidan levar a cabo de forma optima os grupos de discusión no normal desenvolvemento dos contidos, sesións prácticas e temporalización da materia, non podendo obterse datos avaliables da participación dos alumnos. En todo caso, será necesario advertir previamente á toma desta decisión aos alumnos e ao departamento a través dunha canle de comunicación oficial (comunicación interna á dirección de departamento, clase de asistencia obrigatoria, taboleiro de anuncios oficial do 4º curso).
Tanto o exame como o resto de documentos de avaliación estarán no idioma de impartición da materia, se se desexa noutro idioma deberase solicitar para a súa preparación, polo menos, unha semana antes da data de realización do mesmo.
Na segunda oportunidade (o na convocatoria de xullo, decembro ou febreiro en estudos de Licenciatura), respectaranse as partes aprobadas durante o curso en primeira oportunidade, debéndose realizar soamente as partes pendentes.
En convocatorias de cursos sucesivos, teranse que realizar a totalidade dos requisitos de avaliación contemplados na guía docente/programa oficial aprobado polo departamento para ese curso académico.
Poderanse conservar, previa valoración e autorización por parte do profesor, aqueles apartados do proceso de avaliación vinculados con criterios prácticos e/ou de presencialidad xa realizados e avaliados positivamente en cursos anteriores, a condición de que coincidan en temática e requisitos de realización cos solicitados no curso académico actual (requirirán en todo caso coñecemento previo e autorización expresa por parte do profesor da materia). 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes