Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A8 A9 A10 A11 A12 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B10 B12 B14 B16 B18 B20 C1 C3 C4 C6 C8 Este apartado constará de:
A: Elaboración dun traballo obrigatorio, individual ou grupal, consistente na realización dun ou varios elementos dunha programación didáctica, enmarcada nun PROXECTO CURRICULAR de CENTRO para unha etapa educativa determinada, segundo o guion achegado polo profesor, publicado en moodle, e que en todo caso desenvolverase nas sesións prácticas de pequeno/mediano grupo. Poderase presentar de forma práctica na aula, podendo utilizar as TIC, e este proceso formará parte da avaliación do propio traballo, no caso de non levarse a cabo a defensa nas sesións ordinarias, poderase realizar nuha sesión específica unha vez rematadas as mesmas, de xeito presencial ou vía teams.
B: Realización de traballos voluntarios, individuais ou en grupos reducidos sobre temas de interese elixidos polo propio alumnado, previa consulta co profesor da súa temática e estrutura. (Este último apartado será de execución voluntaria e complementarase coa asistencia e participación nas actividades de "Discusión Dirigida" desenvolvidas na aula, podendo supor un complemento equivalente a un 10% sobre a cualificación final obtida nos apartados obrigatorios)
40
Proba mixta A4 A10 A13 B7 B14 B16 C1 Constará da realización dun exame final na 1ª oportunidade de Xuño e, no seu caso, na 2ª oportunidade de Xullo, composto dunha parte conceptual, en 1ª oportunidade tipo test e en 2ª pregunta curta, e outra de preguntas de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo indispensable superar cada unha das partes nun 50% para a obtención do aprobado. 60
 
Observacións avaliación
Será obrigatorio asistir ás clases, polo menos  ao 65% das sesións interactivas, pequeno/mediano grupo, para poder superar a materia, no caso de non cumprir os criterios de asistencia por razóns xustificadas, a criterio do profesor, poderase suplir a mesma coa elaboración dun traballo complementario sobre a temática desenvolvida nas devanditas sesións.

Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos apartados obrigatorios contemplados na Avaliación, considerándose como NON PRESENTADO a aqueles alumnos/ as que non se presenten ao exame final  na data prevista no calendario oficial da Facultade e que non presenten o traballo obrigatorio.

Tanto o exame como o resto de documentos de avaliación estarán no idioma de impartición da materia, se se desexa noutro idioma deberase solicitar para a súa preparación, polo menos, unha semana antes da data de realización do mesmo. No caso de non levarse a cabo as probas de avaliación de xeito presencial realizaránse nas plataformas institucionais ou recoñecidas pola UDC.

Cando un alumno/a teña dificultades para o seguimento do curso, e polo tanto na avaliación, por ter matrícula parcial ou outras situacións, se valorará por ambalas partes a mellor maneira para adaptar as accións que se  levarán a cabo, sen xerar disfuncións coas formulacións xerais  nos diferentes apartados da presente Guía Docente.
 
Na segunda oportunidade, e na convocatoria adiantada de decembro, respectaranse as partes aprobadas durante o curso en primeira oportunidade, debéndose realizar soamente as partes pendentes.

En convocatorias de cursos sucesivos, teranse que realizar a totalidade dos requisitos de avaliación contemplados na guía docente oficial aprobado polo departamento para ese curso académico.


Poderanse conservar, previa solicitude por escrito por parte do alumno/a e valoración e autorización por parte do profesor, aqueles apartados do proceso de avaliación vencellados con criterios prácticos e/ou de presencialidad xa realizados e avaliados positivamente en cursos anteriores, a condición de que coincidan en temática e requisitos de realización cos solicitados no curso académico actual (requirirán en todo caso coñecemento previo e autorización expresa por parte do profesor da materia).

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Ademais,
 segundo a Lei de Convivencia
Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase
falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade
constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a
perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico
(art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado
tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo,
realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento
académico (art. 11).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes