Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Healthy Exercise and Quality of Life II
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Consistirá na análise de artigos referidos a temáticas da materia. Poñerase especial énfase no estudo de traballos en lingua inglesa de publicacións incluídas en JCR. Compromete un importante traballo do alumno, quen analizará documentación,achegada polo profesor ou localizada polo propio estudante, para posteriormente proceder á súa discusión nas sesións presenciais.
Guest lecture / keynote speech Exposición dos contidos da materia, con soporte audiovisual. A pesar das característuicas concretas desta metodoloxía, buscarase a implicación activa do alumno, así como a significación das aprendizaxes
Laboratory practice Consistirá no desenvolvemento de actividades de tipo práctico (demostracións, exercicios, avaliacións) desenvolvidos no contexto de laboratorio
Mixed objective/subjective test Constitúe unha das ferramentas de avaliación. Conterá cuestións tanto conceptuais como de aplicación dos contidos e actividades desenvolvidas ao longo da materia
Simulation Representación do exercicio profesional no ámbito da actividade física saudable. Consistirá no deseño e execución de procesos de intervención, levados a cabo cos compañeiro de clase.
Supervised projects Forma parte da avaliación e serán realizados en grupos de entre 2 e 4 alumnos. Devanditos traballos tendán que facer referencia a algún aspecto específico do temario da materia e poderán consistir en:

- Revisión e análise de bibliografía. Deberán analizarse un mínimo de 8 traballos publicados en revistas incluídas en JCR

-Deseño e programación de procesos de prescrición de exercicio físico saudable. A implementación poderá ser simulada, pero detallada en todos os seus apartados


Na primeira metade do cuadrimestre, será asignado a cada un dos grupos algún dos profesores da materia quen tutorizará o traballo. Os principais aspectos, resultados e/ou conclusións do traballo serán expostos por parte de cada un dos grupos ao titor asignado.
Workshop Desenvolvemento de contidos da materia desde unha perspectiva eminentemente práctica. Prestarase especial atención ao desenvolvemento de competencias no alumno para o manexo de tecnoloxías de aplicación no ámbito do exercicio físico orientado á saúde.
Oral presentation Análise do tarballo tutelado, con exposición dos elementos do deseño así como dos resultados obtidos.
Introductory activities Consiste na presentación do contidos e actividades a desenvolver, así como a explicación de aspectos relacionados coa dinámica da materia.
Problem solving Realización de breves traballos que impliquen a resolución dalgunha cuestión exposta ao longo das actividades presenciais (lección maxistral, obradoiros etc.)
Diagramming Realización de esquemas dos contidos relativos aos temas indicados en cada
sesión
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes