Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividade física saudable e calidade de vida II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia con soporte audiovisual. Nas sesións intentarase trasladar ao alumnado o significado e a aplicabilidade das aprendizaxes e promover a súa participación activa.
Prácticas de laboratorio Consistirá no desenvolvemento de actividades de tipo práctico (demostracións, exercicios, avaliacións...) desenvolvidos no contexto do laboratorio ou da sala de exercicio.
Proba mixta Constitúe unha das ferramentas de avaliación. Conterá cuestións tanto conceptuais como de aplicación dos contidos e das actividades desenvolvidas ao longo da materia.
Simulación Consistirá no deseño e execución de procesos de intervención, levados a cabo cos compañeiros/as de clase co fin de simular o exercicio profesional no ámbito da prescripción de exercicio físico para a mellora da saude e da calidade de vida.
Traballos tutelados Forman parte da avaliación e serán realizados en grupos de entre 2 e 4 alumnos/as. Terán que facer referencia a algún aspecto específico do temario da materia e consistirá nunha tarefa de revisión e análise da bibliografía. Deberán analizarse un mínimo de 5 traballos publicados en revistas incluídas en JCR.
Na primeira metade do cuadrimestre, asignarase un titor (profesor da materia) a cada un dos grupos.
Obradoiro Trataranse contidos da materia dunha forma eminentemente práctica e prestarase especial atención a que o alumnado desenvolva competencias para o manexo de tecnoloxías de aplicación no ámbito do exercicio físico orientado á saúde.
Presentación oral Exposición do traballo tutelado ao titor.
Actividades iniciais Consiste na presentación dos contidos, das actividades a desenvolver e na explicación de aspectos relacionados coa dinámica da materia.
Solución de problemas Realización de traballos que implican a resolución dalgunha cuestión exposta ao longo das actividades presenciais (lección maxistral, obradoiros etc.)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes