Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividade física saudable e calidade de vida II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A14 A23 A27 A28 A29 B2 B7 B9 B20 C2 Conterá preguntas obxectivas e de ensaio, tanto conceptuais como aplicadas.

O exame presentarase ao alumnado redactado no idioma de impartición da materia (castelán). Se algún alumno/a desexase unha copia do mesmo noutro idioma oficial da UDC, deberá solicitalo ao profesor coordinador cunha antelación mínima dunha semana antes da data de realización.
50
Traballos tutelados A7 A14 A23 A27 A28 A29 A36 B1 B7 B9 B10 B20 C2 C3 C6 Valoraranse:
- Grao de cumprimento dos requisitos formais.
- Calidade da edición.
- Calidade da redacción.
- Idoneidade e calidade do contido.
- Calidade do análise e da interpretación da información.
20
Presentación oral A36 B1 B2 B7 B10 C2 Valoraranse:

- Comprensión e dominio do tema que se ha tratou
- Competencia para a comunicación verbal.
- Competencia no emprego de TICs.
10
Solución de problemas A23 A27 A28 A36 B2 B7 C2 C3 C6 Consiste na realización de traballos de extensión breve que impliquen a resolución dalgunha cuestión ou da aplicación de procedementos técnicos abordados ao longo das actividades presenciais (lección maxistral, obradoiros etc.). Ofertarase un traballo por cada un dos bloques da materia. Cada estudante ou grupo de estudantes terá que escoller 2 dos 4 ofertados, para a súa elaboración e entrega. Polo menos un deles deberá corresponder aos bloques I ou III e, o outro, aos bloques II ou IV.

É requisito a súa entrega axustada en formato e prazo. Ademáis, é requisito imprescindible ter asistido polo menos a un 65% das sesión interactivas do bloque correspondente. O profesor responsable de cada bloque establecerá estes apartados. A calificación de cada traballo ponderará un 50% da nota final deste apartado
20
 
Observacións avaliación
Para superar a materia será imprescindible lograr o apto na proba mixta. O apto na
proba mixta establécese nunha cualificación maior ou igual ao 50% da máxima
posible. Unha vez que se cumpra este requisito, só considerarase como apto
aquel alumno/a cuxa suma dos diferentes apartados da avaliación supoña unha
cualificación maior ou igual ao 50% da máxima posible.

Salvo que tivese lugar un cambio no sistema
de avaliación, a cualificación obtida nos seguintes apartados conservaranse en
posteriores oportunidades e convocatorias:

Proba mixta

Traballo tutelado

Presentación oral

A cualificación do apartado de solución de
problemas leva a valoración conxunta dos traballos dos 2 bloques temáticos
escollidos. Cada traballo achega un 50% da cualificación final deste apartado.
Só se considerarán as cualificacións correspondentes ao último curso en que se
entregou algún deses traballos. En cada curso, a entrega dun novo traballo,
supón a renuncia do/da alumno-a á cualificación obtida neste apartado en cursos
anteriores.

Na segunda oportunidade o/a alumno/a poderá
avaliarse de todos os apartados non realizados (sempre que se cumpran os
requisitos esixidos) ou superados na primeira oportunidade.

En cada oportunidade, non concorrer á a proba
mixta implicará a cualificación do/da alumno/a como non presentado/a.

Todo o exposto con anterioridade será de
aplicación tanto para o alumnado con dedicación a tempo completo como para
aquel con dedicación a tempo parcial. No caso da solución de problemas, o
alumno/a con matrícula a tempo parcial poderá solicitar a cada profesor algunha
adaptación ou alternativa de actividade cando a realización deste apartado
requira dunha asistencia a clase que o/a estudante non poida cumprir. Para
casos especiais xustificados, se contemplará a posibilidade de avaliacións
alternativas.

A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso
'0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria.

Ademais,  segundo a Lei de Convivencia
Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica,
considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da
universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así
como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre
académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado
tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo,
realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento
académico (art. 11).

COLABORACIÓN OPTATIVA CON
GRUPOS DE INVESTIGACIÓN (máximo1 punto)

Na Facultade de Ciencias do
Deporte e a Educación Física desenvolve o seu labor investigador e docente o
grupo de investigación  Performance and Health Group cuxas áreas de traballo están
vinculadas coa prescrición de exercicio para a optimización da condición física
en diferentes perfís poboacionáis.

Unha vez superada a materia,
pódese obter 1 punto extraordinario, que se sumará á cualificación final,
colaborando activamente nas tarefas de investigación deste grupo e/ou
participando nos seminarios específicos que ofertan a tal fin. Esta
colaboración será de carácter voluntario (NON É OBRIGATORIA) e non se terá en
conta para alcanzar o aprobado.

Participar nas devanditas
actividades supón a posibilidade de aplicar na práctica os coñecementos e
competencias adquiridos na materia e de profundar nos conceptos e no dominio
técnico de moitos dos seus contidos.

Finalizada a colaboración, o
Director do grupo  outorgará a cada alumno unha cualificación
entre 0 e 1 punto que se trasladará á cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes