Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividade física saudable e calidade de vida II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A14 A23 A27 A28 A29 B2 B7 B9 B20 C1 C2 Conterá preguntas obxectivas e de ensaio, tanto conceptuais como aplicadas.

O exame presentarase ao alumnado redactado no idioma de impartición da materia (castelán). Se algún alumno/a desexase unha copia do mesmo noutro idioma oficial da UDC, deberá solicitalo ao profesor coordinador cunha antelación mínima dunha semana antes da data de realización.
50
Traballos tutelados A7 A14 A23 A27 A28 A29 A36 B1 B7 B9 B10 B20 C1 C2 C3 C6 Valoraranse:
- Grao de cumprimento dos requisitos formais.
- Calidade da edición.
- Calidade da redacción.
- Idoneidade e calidade do contido.
- Calidade do análise e da interpretación da información.
20
Presentación oral A36 B1 B2 B6 B7 B10 C1 C2 Valoraranse:

- Comprensión e dominio do tema que se tratou.
- Competencia para a comunicación verbal.
- Competencia no emprego de TICs.
10
Solución de problemas A23 A27 A28 A36 B2 B7 C1 C2 C3 C6 Consiste na realización de traballos de extensión breve que impliquen a resolución dalgunha cuestión ou da aplicación de procedementos técnicos abordados ao longo das actividades presenciais (lección maxistral, obradoiros etc.). Ofertarase un traballo por cada un dos bloques da materia. Cada estudante ou grupo de estudantes terá que escoller 2 dos 4 ofertados, para a súa elaboración e entrega. Polo menos un deles deberá corresponder aos bloques I ou III e, o outro, aos bloques II ou IV.

É requisito a súa entrega axustada en formato e prazo. Ademáis, é requisito imprescindible ter asistido polo menos a un 65% das sesión interactivas do bloque correspondente, salvo no caso do alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica. O profesor responsable de cada bloque establecerá estes apartados. A cualificación de cada traballo ponderará un 50% da nota final deste apartado
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será imprescindible lograr o
apto na proba mixta. O apto na proba mixta establécese nunha cualificación igual ou  maior ao 50% da máxima posible. Unha vez que se cumpra este requisito,
só considerarase como apto aquel alumno/a cuxa suma dos diferentes apartados da
avaliación supoña una cualificación igual ou maior ao 50% da máxima posible.

 

Salvo que tivese lugar un cambio no sistema de
avaliación, a cualificación obtida nos seguintes apartados conservarase en posteriores
oportunidades e convocatorias:

Proba mixta

Traballo tutelado

Presentación oral

A cualificación do apartado
de solución de problemas leva a valoración conxunta dos traballos dos 2 bloques
temáticos escollidos. Cada traballo achega un 50% da cualificación final deste
apartado. Só se considerarán as cualificacións correspondentes ao último curso
en que se entregou algún deses traballos. En cada curso, a entrega dun novo
traballo, supón a renuncia do/da alumno-a á cualificación obtida neste apartado
en cursos anteriores.

Na segunda oportunidade o/a
alumno/a poderá avaliarse de todos os apartados non realizados (sempre que se
cumpran os requisitos esixidos) ou superados na primeira oportunidade.

En cada oportunidade, non
concorrer á proba mixta implicará a cualificación do/da alumno/a como non
presentado/a.

Todo o exposto con
anterioridade será de aplicación tanto para o alumnado con dedicación a tempo completo
como para aquel con dedicación a tempo parcial. No caso da solución de
problemas, o alumno/a con matrícula a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá solicitar a cada
profesor algunha adaptación ou alternativa de actividade cando a realización
deste apartado requira dunha asistencia a clase que o/a estudante non poida
cumprir. Para casos especiais xustificados, se contemplará a posibilidade de
avaliacións alternativas.

A
realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará
a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e
respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
(Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b).
Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado
tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo,
realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o
rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia
universitaria; art. 11, apdo g). 

Ademais,
segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de
2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar
expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o
seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial
durante un curso ou semestre académico (art. 14).

COLABORACIÓN OPTATIVA CON


GRUPOS DE INVESTIGACIÓN (máximo1 punto)

Na Facultade de Ciencias do Deporte
e a Educación Física desenvolve o seu labor investigador e docente o grupo de
investigación  Performance and Health Group cuxas áreas de traballo
están vinculadas coa prescrición de exercicio para a optimización da condición
física en diferentes perfís poboacionáis.

Unha vez superada a materia,
pódese obter 1 punto extraordinario, que se sumará á cualificación final, colaborando
activamente nas tarefas de investigación deste grupo e/ou participando nos
seminarios específicos que ofertan a tal fin. Esta colaboración será de
carácter voluntario (NON É OBRIGATORIA) e non se terá en conta para alcanzar o
aprobado.

Participar nas devanditas actividades
supón a posibilidade de aplicar na práctica os coñecementos e competencias
adquiridos na materia e de profundar nos conceptos e no dominio técnico de
moitos dos seus contidos.

Finalizada a colaboración, o
Director do grupo  outorgará a cada alumno unha cualificación entre 0 e 1
punto que se trasladará á cualificación final

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes