Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Teoría e práctica do adestramento deportivo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Práctica de actividade física A19 A23 A27 B4 B6 B16 B17 B18 B19 C4 C6 C8 Planificación, dirección, nivel de eficacia na execucion dos exercicios e posterior memoria gráfica e audiovisual da sesión de adestramento. Modelo de control da carga externa e interna da sesion 30
Análise de fontes documentais B3 B4 B7 B10 Traballo tutelado de analisis de articulos de impacto sobre o adestramento deportivo, que se presenta en formato videopaper. 5
Proba mixta A19 A23 A27 A28 A31 B2 B3 Proba final escrita con casos teorico-practicos y proba tipo test baseados nos contidos e fontes bibliográficas achegadas durante o curso 60
Traballos tutelados A19 A23 B20 C6 C8 Realizacion de tarefas nos temas da materia, dirixidos dende a plataforma Moddle. Son traballos de control dos medios de adestramento deportivo nas suas diferentes areas de competencia 5
 
Observacións avaliación

Para a elaboración da nota final, o alumando debe superar o 50% de cada unha das probas. Non superalo nunha delas na convocatoria/oportunidade, leva a súa repetición na seguinte convocatoria/oportunidade. As probas superadas, quedan convalidadas para as seguintes convocatorias/oportunidade. Na proba Mixta final también e necesario aprobas as duas partes (test: 4 puntos e pregunta corta: 6 puntos). O alumno ten que obter un 2 no test e un 3 nas preguntas cortas para obter o aprobado.

As asistencias ás clases practicas e obrigatoria e deben superar o 65%. O incumprimento do minimo da asistencia que forma parte da evaluacion continua do alumando conleva a imposibilidade de construír a nota final nesta evidencia de evaluacion da asignatura. Esta situación obriga ao alumando a repetir as practicas no seguinte curso para cubrir dita evidencia. 

Se manteñen para a segunda oportunidade as mesmas evidencias para a evaluacion.

Os alumnos lesionados (previa certificación medica) non necesitan adaptación, xa que a asignatura non conleva probas practicas de rendimento deportivo (so nivel e calidade de execucion na demostracion dos exercicios) que computen para a nota final.

Os alumnos que desexen facer os exames en Castelan, poden solicitalo sete dias antes do examen.

Alumnado
con matrícula parcial  deben cumprir con os mesmos requisitos para non crear agravios comparativos. Teran tutorias para adaptar a suas necesidades especiais horarios e datas de entrega dos traballos.

Estas características son iguais para a primeira e segunda convocatoria

A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación
implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta
e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica
calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame
ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha
materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de
convivencia universitaria; art. 11, apdo g).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes