Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Dirección e xestión deportiva
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
<>

As titorías deberán confirmarse por anticipado. Para iso as persoas interesadas solicitarán o día e hora que desexen dentro do horario de titorías achegando os seus datos, curso e grupo.

Para calquera suxestión ou petición persoal por escrito disponse da caixa de correos do profesor ou a seguinte dirección de correo electrónico: gambau@udc.es

As TITORÍAS poderán ser virtuais, ordinarias e extraordinarias.

a) Titorías virtuais: Para calquera suxestión ou petición persoal por escrito disponse a seguinte dirección de correo electrónico: gambau@udc.es ademais da plataforma Moodle UDC.
b) Titorías ordinarias: O profesor atenderá no horario de tutorías calquera consulta, suxestión ou problemática do alumnado. As titorías en período de exames terán horarios diferentes.
c) Titorías extraordinarias de avaliación: Exposición e defensa de contidos a avaliar a petición do profesor, dentro do horario habitual de titorías.
d) Titorías extraordinarias de avaliación: o Titorías extraordinarias de revisión de notas: Os alumnos poderán revisar os seus contidos de avaliación ás horas convidas para tal fin.
e) Titorías extraordinarias de reclamación sobre cualificacións: Calquera problemática respecto da avaliación de exames ou doutros contidos, será tratada en horario de Revisión de notas. Consultar o procedemento na NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, DE CUALIFICACIÓNS E DE RECLAMACIÓNS (Aprobado en Consello de Goberno 02/06/2006)


Ante calquera tipo de problemática no desenvolvemento da materia, rógase acudir en primeira instancia ao profesor. Se se desexa permanecer no anonimato, é importante insistir aos Representantes de Alumnos que se dirixan en primeira instancia ao profesor
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes