Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Sports Administration and Management
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
ICT practicals B10 B16 Elaboración do videocurriculo e presentación dos contidos de evaluación 15
Student portfolio A10 A32 A33 A34 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B11 Presentación dos méritos realizados 15
Supervised projects A29 A32 A33 A34 B4 B14 Elaboración dun proxecto dun servizo deportivo ou dun acontecemento deportivo 15
Mixed objective/subjective test A32 A33 A34 A proba escrita final consistirá en unha proba obxectiva multiítem.
Aplicarase un factor corrector do azar.
Os contidos da proba incluirán apuntes de clase e a documentación complementaria da materia.
35
Aprendizaxe servizo A29 A32 A33 B2 B6 B11 B12 B14 B16 B19 Informe escrito da execución-control e avaliación dun proxecto de servizo deportivo. 20
 
Assessment comments

1. Existen dúas alternativas de avaliación: A modalidade Avaliación Guía Docente DXD e a modalidade opcional Convenio de avaliación DXD. Todo o alumnado, incluidos os/as estudantes
con dedicación a tempo parcial, opta pola Avaliación Guía Docente DXD, exceptuando aqueles que, dentro do prazo establecido, presenten por escrito o convenio da súa avaliación e este quede aprobado por parte do profesor. A avaliación da materia consta de catro apartados que corresponden a catro competencias básicas: avaliación dos coñecementos achegados en sesións teóricas de aula (saber), avaliación dos procedementos teórico-prácticos (saber facer), avaliación das actitudes (saber estar), e avaliación autónoma do propio alumnado (facer saber).

2. MODALIDADE AVALIACIÓN GUÍA DOCENTE

Na primeira opción, denominada AVALIACIÓN GUÍA DOCENTE, o alumnado deberá realizar os seguintes contidos mínimos seguindo as directrices da guía docente e da plataforma virtual UDC de forma INDIVIDUAL:


2.1) Competencia Saber / Apartado de Coñecementos: Proba escrita final sobre os coñecementos da materia / Valor: 35 % / Data de entrega: Convocatoria oficial


2.2) Competencia Saber facer / Apartado de Procedementos: Elaboración dun proxecto dun servizo deportivo ou dun acontecemento deportivo proposto polo profesor/ Valor: 35 % / Data de entrega: Convocatoria oficial


2.3) Competencia Saber estar / Apartado de Actitudes: Contido adicional de carácter voluntario / Valor: 15 % / Data de entrega: Convocatoria oficial


2.4) Competencia Facer saber / Apartado de Comunicación: Presentación dun video-currículum vitae e deportivo, informe de autoevaluación e autocalificación cunha tabla de control del tempo utilizado nas tareas da materia/ Valor: 15 % / Data de entrega: Convocatoria oficial

3. MODALIDADE CONVENIO DE AVALIACIÓN

Na segunda alternativa, que se concreta mediante un CONVENIO DE AVALIACIÓN, o alumnado deberá asinar un documento, consensuado co profesor, presentado en prazo, onde concretarán os contidos escollidos para cada apartado e a porcentaxe de nota para cada un deles.

a) Para esta modalidade é requisito imprescindible superar o 80 % de participación activa.

b) Se por calquera incidencia, xustificada ou non, se alcanzase entre o 75 e o 80 % da participación activa, o alumnado o alumnado deberá realizar un traballo extraordinario consensuado co profesor. Si só alcanzase entre o 60 e o 75 % da participación, engadiríase ao convenio de avaliación a elaboración dunha recensión con defensa seguindo as pautas da materia.

c) Nos casos que non se poidan cumprir as condicións do convenio ou se a participación fose menor do 60 %, por calquera circunstancia xustificada ou non, as persoas implicadas pasarán automaticamente á Avaliación Guía Docente DXD.

d) Os contidos de avaliación na vía convenio escolleranse da listaxe proporcionada polo profesor no documento: Modelo convenio de avaliación.

e) Os apartados mínimos obrigatorios son:


3.1) Competencia Saber / APARTADO: Coñecementos / CONTIDO ORIENTATIVO: Contido teórico - Prácticas de aula e controis das prácticas/ VALOR MÁXIMO: 35% / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial


3.2) Competencia Saber facer / APARTADO: Procedementos / CONTIDO ORIENTATIVO: Traballo Teórico-práctico / VALOR MÁXIMO: 40 % / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial


3.3) Competencia Saber estar / APARTADO: Actitudes / CONTIDO ORIENTATIVO: Informe de méritos acreditados relacionados coa materia - Avaliación Autónoma e autocalificación coa memoria de todas as tarefas realizadas durante o curso  / VALOR MÁXIMO: 25 % / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial

3.4) Competencia Querer Facer (OPTATIVO) / APARTADO: Comunicación / CONTIDO ORIENTATIVO: Colaboracións, Formación permanente, Procuras bibliográficas, recensións... / VALOR MÁXIMO: 10 % / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial

4. Criterios de avaliación para todo o alumnado.


4.1) A proba escrita final consistirá en unha proba obxectiva multiítem. Preguntas obxectivas, V/F, preguntas de resposta breve e unha pregunta de desenrolo dun tema breve. Aplicarase un factor corrector do azar. Os contidos da proba incluirán apuntes de clase e a documentación complementaria da materia.


4.2) O traballo teórico-práctico consistirá na elaboración dun proxecto e na realización das prácticas de aula que estarán relacionados cos contidos de intervención dentro da dirección deportiva.


4.3) Os criterios que rexen os convenios son os que garanten a consecución dos obxectivos do programa, cumprindo cos principios xerais de igualdade, equidade, seguridade documental e boa fe.


4.4) A cualificación final obterase da media de todos os contidos, a condición de que cada contido alcance, como mínimo, o 50 % do seu valor.

4.5) Establécese entre os requisitos necesarios para superar a materia, pasar correctamente os controis de seguimento, a defensa apropiada dos contidos a petición discrecional do profesor, e non cometer ningún erro grave respecto dos criterios de avaliación.

4.6) O idioma no que se presentará/n a/s proba/s de avaliación será o galego. No convenio de avaliación, o interesado solicitará o idioma no que prefire realizar as probas de avaliación. Para o resto de estudantes, a solicitude do idioma no que realizarán as probas realizarase unha semana antes da convocatoria oficial.

5. Presentación / entrega de traballos:


5.1) Presentación total. Nos contidos que estean constituídos por varios traballos, terase en conta a presentación de todos eles para a elaboración da nota correspondente


5.2) A presentación de traballos en soporte dixital realizarase coidando aspectos formais de presentación, estruturais e de contido. Rexeitarase todo soporte dixital que non dispoña da identificación adecuada (nome e apelidos, código de alumno, materia, curso, índice de contidos e denominación oficial dos arquivos) ou cando o soporte dixital non teña traballada a súa presentación.


5.3) Para valorar integramente os contidos, non poderán aparecer erros tipográficos nin faltas de ortografía. Os arquivos con formato ilexible non poderán ser avaliados.


5.4) A entrega de traballos na plataforma virtual UDC e no prazo acordado son requisitos inescusables.


5.5) A irregularidade no seguimento da asistencia será considerada como falta grave para os implicados.

6. Mantemento de notas en convocatorias posteriores


6.1. Os criterios de avaliación son iguais para a primeira e segunda oportunidade. As partes aprobadas da materia manteranse durante as dúas oportunidades do mesmo curso académico e, si é o caso, durante a convocatoria extraordinaria de decembro


6.2. Cada estudante deberá adaptarse aos novos criterios da guía docente do curso no que estea matriculado.


6.3. Para manter as notas dun curso para outro, é necesario asinar un novo convenio de avaliación no prazo establecido ao comezo de cada cuadrimestre no novo curso.

 

 

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes