Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Dirección e xestión deportiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A32 A33 A34 B12 B17 B19 B20 C4 C7 Participación activa nas sesións presenciais 5
Portafolios do alumno A10 A32 A33 A34 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B11 Informe de méritos: Presentación dos méritos realizados e participación activa nas sesións 15
Traballos tutelados A29 A32 A33 A34 B4 B14 B16 Elaboración e presentación grupal de temáticas de dirección e xestión deportiva seguindo as pautas do profesor da materia expostas en clase e na documentación do Campus Virtual UDC 30
Proba mixta A32 A33 A34 A proba mixta final dispón de dúas partes: una proba obxectiva multiítem sobre os coñecementos da materia(SABER) e una proba obxectiva multiítem sobre os contidos teórico-prácticos (SABER FACER)
Aplicarase un factor corrector do azar.
Os contidos da proba incluirán apuntes de clase e a documentación complementaria da materia.
25
Estudo de casos A32 A33 A34 Prácticas de Aula. 25
 
Observacións avaliación

1. Todo o estudantado,incluídos os/as estudantes con dedicación a tempo parcial, opta pola Avaliación oficial DXD. A avaliación da materia consta de catro apartados que corresponden a catro competencias básicas: avaliación dos coñecementos achegados en sesións teóricas de aula (saber), avaliación dos procedementos teórico-prácticos (saber facer), avaliación das actitudes (saber estar), e avaliación da comunicación dos aprendizaxes do propio estudantado (facer saber). 

2. A porcentaxe mínima de asistencia para a avaliación será do 75 %. Valorase a participación activa. 

No caso de estudiantado que, por causa justificada segundo normativa UDC, non alcance a porcentaxe de presencialidad establécese a seguinte alternativa: 
  • Entre 65 e 74 % Lectura complementaria con defensa do contido. 
  • Entre 50 e 64 % Traballo de recensión sobre un libro de dirección e xestión deportiva acordado co profesor con defensa do contido. 
  • Menos do 50 %: Elaboración dun proxecto dun servizo deportivo ou acontecemento deportivo seguindo a actual norma de calidade de proxectos AENOR.

3. Na Avaliación Oficial DXD, o estudantado deberá realizar os contidos mínimos seguindo as directrices da guía docente e das instrucións para a elaboración de traballos de avaliación da plataforma virtual UDC independentemente da 1ª ou 2ªoportunidade.

4. Mantemento de notas na segunda oportunidade e nas convocatorias posteriores 

  • Os criterios de avaliación son iguais para a primeira e segunda oportunidade. As partes aprobadas da materia manteranse durante as dúas oportunidades do mesmo curso académico e, si é o caso, durante a convocatoria adiantada de decembro.
  • Cada estudante deberá adaptarse aos novos criterios da guía docente do curso no que estea matriculado. 
  • Para manter as notas dun curso para outro, é necesario solicitalo no prazo establecido ao comezo do novo curso. 
5. Dispoñibilidade dos idiomas en relación as probas escritas de avaliación 
  • O idioma no que se presentará/n a/s proba/s de avaliación será o galego. A solicitude do idioma da proba en castelán realizarase unha semana antes da convocatoria oficial. 

6. Contemplase a posibilidade de opcións alternativas de avaliación para casos especiais xustificados e contemplados na normativa UDC.

7. Nas probas online, se empregará a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta. 

8. Implicacións de plaxio na realización das probas ou actividades de avaliación: 
  • A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).
9. Criterios de avaliación para todo o estudantado: 
  • A proba escrita final consistirá en unha proba obxectiva multiítem. Preguntas obxectivas, V/F, preguntas de resposta breve e unha pregunta de desenrolo dun tema breve. Aplicarase un factor corrector do azar. Os contidos da proba incluirán contidos de clase e a documentación complementaria da materia. 
  • Os criterios de avaliación de cada contido serán expostos en clase e serán publicados no Campus Virtual UDC. 
  • Os criterios que rexen a avaliación son os que garanten a consecución dos obxectivos do programa, cumprindo cos principios xerais de igualdade, equidade, seguridade documental e boa fe. 
  • A cualificación final obterase da media de todos os contidos, a condición de que cada contido alcance, como mínimo, o 50 % do seu valor. 
  • Establécese entre os requisitos necesarios para superar a materia, pasar correctamente os controis de seguimento, a defensa apropiada dos contidos a petición discrecional do profesor, e non cometer ningún erro grave respecto dos criterios de avaliación.
10. Presentación / entrega de traballos: 
  • Presentación total. Nos contidos que estean constituídos por varios traballos, terase en conta a presentación de todos eles para a elaboración da nota correspondente.
  • A presentación de traballos en soporte dixital realizarase coidando aspectos formais de presentación, estruturais e de contido. Rexeitarase todo soporte dixital que non dispoña da identificación adecuada (nome e apelidos, código da materia, curso, índice de contidos e denominación oficial dos arquivos) ou cando o soporte dixital non teña traballada a súa presentación. 
  • Para valorar integramente os contidos, non poderán aparecer erros tipográficos nin faltas de ortografía. Os arquivos con formato ilexible non poderán ser avaliados. 
  • A entrega de traballos no Campus Virtual UDC e no prazo acordado son requisitos inescusables.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes