Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividade física no medio natural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. O desenvolvemento da participación nestas sesión poderá conlevar a presentación de tarefas e participación en avaliacións a través da plataforma Moodle, e que formarán parte da avaliación continua na participación nas sesión teóricas
Práctica de actividade física Actividades desenvolvidas tanto no espacios da Universidade da Coruña, como nos entornos naturáis próximos a Facultade de Ciencias do Deporte (praia, monte, campo, etc.). Consistentes no desenvolvemento de actividades físicas e deportivas relacionadas coas habilidades fundamentáis e específicas características das AFMN. O desenvolvemento da participación nestas sesión poderá conlevar a presentación de tarefas e participación en avaliacións a través da plataforma Moodle, e que formarán parte da avaliación continua na participación nas sesións prácticas.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas en entornos naturáis, relacionadas co ámbito de estudio da materia; centradas no desenvolvemento de capacidades relativas ó deseño, organización e posta en práctica de actividades físicas no medio natural con carácter educativo/recreativo/deportivo/turístico, tendo en conta os principios de seguridade e sostenibilidade ambiental das mesmas. Antes, durante e despóis das mesmas os estudantes levarán a cabo unha serie de tarefas que formarán parte da avaliación contínua en relación á participación na asignatura.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Vincularánse principalmente as prácticas de actividade física e as saídas de campo. Implicará o desejo dunha actividade no medio natural; véase o caso dun roteiro, no que se aplicarán os diferentes coñecementos teóricos e competéncias prácticas plantexadas ao longo dos diferentes temas. Dito traballo implicará tanto o desenvolvemento e entrega de tarefas relacionadas, ao longo do cuatrimestre, ao longo as salidas formativas relacionadas, e como documento completo ao finalizar o cuatrimestre formando parte da calificacion final.
Lecturas Representan a lectura e reflexión sobre diferentes tipos de textos en papel ou formato digital, que poderá implicar a presentación dun entregable, evaluable no cómputo da avaliación contínua
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Prácticas a través de TIC Participación a través da plataforma Moodle, que implicará o desenvolvemento de tarefas de diseño de actividades e proxectos, acceso e trabalo con contidos e aplicacións da rede. Xestión da súa evolución na adquisición de competencias e aprendizaxes.
Prácticas de laboratorio Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes