Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Prácticum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A35 A36 B1 B7 B9 B10 B13 C1 C2 C3 Este documento representará o total da cualificación final do alumno. 100
 
Observacións avaliación

Non se contempla a realización de exámen.


Se o estudante incumple o acordado mediante o Proxecto Formativo co centro de prácticas, a súa calificación será suspenso.


O traballo práctico consistirá na elaboración dun Portafolio, segundo as condicións detalladas no programa da materia.


O seguimento dás sesións formativas é obrigatoria, debéndose cumprir o 70% de asistencia ás mesmas para considerar que o estudante está a realizar o seu Practicum.


Manter reunións de seguimento co/a titor/a académico/a (polo menos 5 anuais) é requisito imprescindible ao estar definidas como prácticas de intervención real e tutorizadas.


O estudante entregará ás Profesoras Coordinadoras de Practicum o seu Proxecto Formativo (data límite 9 de novembro). A entrega realizarase persoalmente ás Profesoras Coordinadoras de Practicum utilizando o formulario creado para ese efecto disponible en https://www.udc.es/practicasexternas/formularios/


Se este Proxecto Formativo non se entrega na data citada anteriormente, o estudante non está autorizado a realizar as prácticas (se non se xustifica o motivo do atraso).


Ao finalizar as prácticas, o/a titor/a profesional deberá asinar as follas de control de permanencia no centro (Anexo 2) e cubrir o informe evaluativo sobre o estudante disponible en https://www.udc.es/practicasexternas/formularios/


O Portafolio será entregado ao/a titor/a académico/a para a elaboración do seu informe evaluador antes das seguintes datas: Convocatoria de Xuño: ata o día 19 de maio de 2016. Convocatoria de Xullo: ata o día 1 de xullo de 2016.


Unha vez corrixido e realizado o informe o/a titor/a académico/a devolveralles o Portafolios.


Os estudantes entregarán o portafolio á profesora Belén Toja na sala de xuntas do pazo, de 10:00 a 13:00 h. Convocatoria de Xuño: o día 27 de maio de 2016 Convocatoria de Xullo: o día 8 de xullo de 2016


O titor/a académico/a entregará directamente á Profesora María Castillo o informe de avaliación dos seus estudantes antes do día 27 de maio de 2016 para a convocatoria de Xuño e antes do 8 de xullo para a convocatoria de xullo. (avaliación individual de Practicum, anexo 3 do programa da materia).


Se as Profesoras Coordinadoras de Practicum considéran necesario, os estudantes procederán á defensa pública do Portafolio presentado no horario marcado no calendario oficial de exames para este grupo (3 de Xuño 2016 para a convocatoria de xuño e o 15 de xullo para a convocatoria de xullo).


No caso de que o estudante no entregue o portafolio nas convocatorias do curso 15-16 (maio xulio), pero as práticas se fixeran seguindo o proxeto formativo, se recibe unha valoración positiva do/a titor/a profesional e mantivo as reunións establecidas con  titor/a académico/a durante a realización das mesmas, se lle gardarán ditas práticas para seguintes convocatorias pendiente de entregar o portafolio.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes