Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Final Dissertation
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A23 A22 A21 A36 A35 A34 A33 A32 A31 A30 A27 A26 A13 A12 A7 A5 A18 A17 A16 A14 A19 A20 A25 A24 B20 B18 B17 B16 B15 B14 B12 B11 B8 B7 B6 B5 B3 B2 B1 C4 C6 Consultar apartado de observaciones donde se desenvolve todo o proceso de avaliación 100
Guest lecture / keynote speech A2 A1 A3 A4 A6 A10 A11 A15 A35 B1 B4 B7 B9 B19 C7 C8 Será imprescindible aistir as sesións maxistrales das fases INFORMATIVA e FORMATIVA para poder realizar o TFG.
Cada área realizará seis sesions de 1,5 horas en el 2º cuadrimestre (establecidas no horario oficial del curso) en formato presencial o en línea. A asistencia será obligatoria a 4 das sesions programadas como mínimo.
0
 
Assessment comments

O regulamento completo do TFG debe consultarse xa que completa a información establecida nesta guía,a tópase en MOODLE e na web da Facultade


O alumnado implicado deberá entregar ao profesor/a da Unidade de Competencia, nas datas establecidas a tal efecto, os seguintes documentos:
- Título definitivo do TFG nos idiomas galego, castelán e inglés.
- TFG finalizado conforme ao estipulado na Normativa, en canto a forma e contido.
O/a profesor/a da Unidade de Competencia e, no seu caso, de acordo co/a co-director/a, avaliará inicialmente os TFGs dos seus estudantes, conforme ao disposto no apartado de avaliación

FORMATO DE PRESENTACIÓN
O/a estudante presentará un documento escrito en calqueira idioma oficial da UDC (excepcionalmente admitirase en inglés, francés ou portugués, previa autorización da comisión TFG e xustificado con anterioridade polo profesorado responsable da Unidade de Competencia), cunha extensión máxima de 75 páxinas (incluida bibliografía e táboas), salvo excepcións autorizadas pola comisión do TFG, escrito nun linguaxe académico correcto e atendendo á estructura indicada na presente normativa.
O/a estudante entregará unha copia en formato dixital (nun único arquivo en pdf) al profesorado da Unidade de Competencia, e outra copia por correo electrónico tfg.inef@udc.es nos prazos establecidos.

AVALIACIÓN DO TFG
Os requisitos para obter unha avaliación positiva no TFG serán os seguintes:
1. Realización dás sesións da Unidade de Competencia asignada (cando menos a 4 sesións das programadas no segundo cuadrimestre) e ás correspondentes da fase formativa/informativa (primeiro cuadrimestre).
2. Entrega do TFG ao profesor/a da Unidade de Competencia asignado, de acordo coa estructura e datas establecidas na Guía Docente.

3. Obter unha valoración mínima de Apto (5 puntos) outorgada polo/a profesor/a da Unidade de Competencia (e o/a co-director/a, se fora o caso).
O profesorado responsable de cada unidade será o encargado de programar o proceso de elaboración do TFG do grupo e da súa avaliación.
Se a cualificación final outorgada a un TFG fose igual ou inferior a 8, esta constituirá a nota definitiva de avaliación do mesmo, prescindíndose da súa defensa pública. Se o profesor/a responsable da unidade de competencia considera que a cualificación debe ser superior a 8, proporá a defensa pública para subir a cualificación, sempre co acordo do alumno/a implicado. Esta defensa realizarase ante unha Comisión de Avaliación do TFG, constituida a tal efecto, entre o profesorado de outras Unidades de Competencia.

Sexa cal sexa o caso, o profesorado de cada Unidade de Competencia deberá cubrir, para cada alumna/o, a Rúbrica de avaliación elaborada a tal efecto e que se incluirá na Guía Docente da materia.

Aquel alumno/a que non estea de acordo coa cualificación outorgada polo profesorado responsable, estará suxeito ao establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado universitario (CG 19/12/2013, modificado polo CG 30/04/2014, polo CG 24/07/2014, polo CG 29/01/2015 e polo CG 28/09/2016) da UDC.
A Comisión de Avaliación estará constituida por tres membros do PDI da Facultade que nese momento se atopen dirixindo ou co-dirixindo outros TFG. O profesor/a da Unidade de Competencia e, no seu caso, o co-director/a, non poderán formar parte da Comisión Avaliadora do seu alumnado do TFG.

Cando se realice a defensa pública, o proceso de presentación non deberá exceder dos 20 minutos. Neste caso, o profesor/a da Unidade de Competencia aportará un valor do 80%, e a comisión o restante 20%. A comisión deberá axustarse á Rúbrica de avaliación que se presenta no Anexo VI. En todos os casos garántirase a cualificación outorgada polo profesor/a da Unidade de Competencia como nota mínima do alumno/a tras a defensa.

A Comisión Avaliadora recibirá coa antelación suficente, de acordo a planificación temporal do TFG, o documento de TFG xunto co informe da guía de avaliación/autoavaliación. Finalmente, adjuntaras a presentación que defenderán ante a Comisión de Avaliación, en formato .pdf,con 48 h de antelación a defensa, aácoordinadora do TFG. 

No caso de que algún membro da Comisión Avaliadora detecte que o traballo presentado non debiera ser presentado a exposición pública, emitirá un informe á comisión do TFG para que dirima a pertinencia de tal alegación. 

Cuando se realice la defensa pública, el proceso de presentación no deberá exceder los 20 minutos.En este caso, el profesor/a de la Unidad de Competencia aportará un valor del 80%,y la comisión evaluadora el restante 20%, siempre y cuando cumpla con los requisitos establecidos en la guía. La Comisión Evaluadora deberá ajustarse a la rúbrica de evaluación que se presenta en el Anexo V de la guía docente ampliada. 

Tras esta segunda fase do proceso de avaliación, o alumnado que non estea de acordo coa cualificación outorgada pola comisión avaliadora, estará suxeito ao establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado universitario (CG 19/12/2013, modificado polo CG 30/04/2014, polo CG 24/07/2014, polo CG 29/01/2015 e polo CG 28/09/2016) da UDC.

O/a estudante que non teña superado o TFG, e aos efectos de presentarse en futuras oportunidades e/ou convocatorias, será de aplicación o seguinte:
- Se non cumpre co requisito de realización da Unidade de Competencia, non poderá presentar o TFG e terá que volver a solicitar a asignación a unha das unidades para o seguinte curso académico.
- Se cumpre o requisito de asistencia e a cualificación do TFG é inferior aos 5 puntos poderá presentarse na seguinte oportunidade ou no vindeiro curso, considerándose cumprido o requisito de asistencia, sempre que o TFG sexa no mesmo tema correspondente á Unidade de Competencia asignada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes