Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividades acuáticas saudables e socorrismo (optativa)
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Actividades acuáticas saudables e socorrismo (optativa) Código 620G01042
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Palacios Aguilar, Jose
Correo electrónico
jose.palacios@udc.es
Profesorado
Castillo Obeso, Maria del
Palacios Aguilar, Jose
Correo electrónico
maria.castillo@udc.es
jose.palacios@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Actividades Acuáticas Saudables e Socorrismo" desenvolve contidos relacionados con programas de intervención no medio acuático dirixidos a poboacións caracterizadas por procesos biolóxicos e/ou fisiopatolóxicos, ofertando unha actividade física específica e saudable. O medio acuático presenta unhas características particulares e diferentes que poden facilitar unha actividade educativa e saudable, pero ao non ser o medio propio do ser humano presenta riscos obxectivos para a súa integridade física, sendo o máis grave o afogamento. Por este motivo tamén se abordan nesta materia todos os contidos relacionados coa prevención de accidentes acuáticos e a intervención en caso necesario. Trátase, polo tanto, dunha materia que desenvolve coñecemento aplicado, dotando o alumno do dominio de técnicas de intervención para que poida desenvolver todo tipo de programas educativos e de promoción da saúde en espazos acuáticos artificiais e naturais, coas máximas garantías de seguridade e de calidade. Entre os seus descriptores figuran: - Características do medio acuático como espazo de acción: riscos e beneficios. - Necesidades, características e intereses de poboacións específicas en relación co medio acuático. - Programas de Actividades Acuáticas para poboacións específicas. - Prevención de accidentes no medio acuático. - Técnicas de socorrismo acuático. - Intervención prehospitalaria ante accidentes e afogamentos no medio acuático. Pódese comprender doadamente a aplicación que estes coñecementos teñen para o profesional da actividade física, cuxo campo laboral se amplía cada día co xurdimento de novas actividades acuáticas que veñen a completar e facer evolucionar o uso educativo, hixiénico e recreativo deste privilexiado espazo de traballo, sen esquecer a premisa fundamental da seguridade. A combinación de competencias sobre programas acuáticos e seguridade no medio garante ao futuro graduado unhas boas ferramentas para traballar tanto en instalacións acuáticas coma en espazos acuáticos naturais. En definitiva, esta materia é fundamental para o profesional que estea interesada na promoción da actividade física saudable en espazos acuáticos porque lle proporciona coñecementos e ferramentas coas que construír e argumentar as súas decisións á hora de poñer en práctica o exercicio da súa profesión. Está situada no segundo cuadrimestre do cuarto curso, cando os alumnos xa cursaron as materias de Habilidades acuáticas e a súa didáctica (1º), Actividade Física Saudable e calidade de vida I (3º) e Actividade Física Saudable e calidade de vida II (4º primeiro cuadrimestre), o que beneficia a comprensión dos contidos que se van impartir. Ademais, o feito de ser unha materia optativa determina un alumnado intrinsecamente motivado cara aos contidos que nela se imparten. Por outro lado, a inminencia da graduación pode ser outro aliciente para ver a utilidade das competencias adquiridas e a súa posible inmediata aplicación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes