Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Healthy Water Activities and Lifesaving (optional)
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2018/19
Subject (*) Healthy Water Activities and Lifesaving (optional) Code 620G01042
Study programme
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fourth Optional 6
Language
Spanish
Galician
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Educación Física e Deportiva
Coordinador
E-mail
Lecturers
E-mail
Web
General description A materia "Actividades Acuáticas Saudables e Socorrismo" desenvolve contidos relacionados con programas de intervención no medio acuático dirixidos a poboacións caracterizadas por procesos biolóxicos e/ou fisiopatolóxicos, ofertando unha actividade física específica e saudable. O medio acuático presenta unhas características particulares e diferentes que poden facilitar unha actividade educativa e saudable, pero ao non ser o medio propio do ser humano presenta riscos obxectivos para a súa integridade física, sendo o máis grave o afogamento. Por este motivo tamén se abordan nesta materia todos os contidos relacionados coa prevención de accidentes acuáticos e a intervención en caso necesario. Trátase, polo tanto, dunha materia que desenvolve coñecemento aplicado, dotando o alumno do dominio de técnicas de intervención para que poida desenvolver todo tipo de programas educativos e de promoción da saúde en espazos acuáticos artificiais e naturais, coas máximas garantías de seguridade e de calidade. Entre os seus descriptores figuran: - Características do medio acuático como espazo de acción: riscos e beneficios. - Necesidades, características e intereses de poboacións específicas en relación co medio acuático. - Programas de Actividades Acuáticas para poboacións específicas. - Prevención de accidentes no medio acuático. - Técnicas de socorrismo acuático. - Intervención prehospitalaria ante accidentes e afogamentos no medio acuático. Pódese comprender doadamente a aplicación que estes coñecementos teñen para o profesional da actividade física, cuxo campo laboral se amplía cada día co xurdimento de novas actividades acuáticas que veñen a completar e facer evolucionar o uso educativo, hixiénico e recreativo deste privilexiado espazo de traballo, sen esquecer a premisa fundamental da seguridade. A combinación de competencias sobre programas acuáticos e seguridade no medio garante ao futuro graduado unhas boas ferramentas para traballar tanto en instalacións acuáticas coma en espazos acuáticos naturais. En definitiva, esta materia é fundamental para o profesional que estea interesada na promoción da actividade física saudable en espazos acuáticos porque lle proporciona coñecementos e ferramentas coas que construír e argumentar as súas decisións á hora de poñer en práctica o exercicio da súa profesión. Está situada no segundo cuadrimestre do cuarto curso, cando os alumnos xa cursaron as materias de Habilidades acuáticas e a súa didáctica (1º), Actividade Física Saudable e calidade de vida I (3º) e Actividade Física Saudable e calidade de vida II (4º primeiro cuadrimestre), o que beneficia a comprensión dos contidos que se van impartir. Ademais, o feito de ser unha materia optativa determina un alumnado intrinsecamente motivado cara aos contidos que nela se imparten. Por outro lado, a inminencia da graduación pode ser outro aliciente para ver a utilidade das competencias adquiridas e a súa posible inmediata aplicación.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes