Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividades acuáticas saudables e socorrismo (optativa)
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Procura, consulta e comprensión de fontes documentais diversas de carácter científico.
Aprendizaxe colaborativa Cooperar nos procesos de aprendizaxe cos compañeiros.
Estudo de casos Análise de documentos audiovisuais e/ou escritos sobre exemplos concretos de casos relacionados coa materia: programas de intervención no medio acuático, accidentes reais e intervención, organización e xestión de programas acuáticos e de seguridade, protocolos de intervención en espazos acuáticos e outros posibles.
Proba de resposta breve Proba escrita utilizada para a avaliación das aprendizaxes dos contidos teóricos e prácticos, utilizando preguntas de resposta breve.
Proba de ensaio Elaboración en grupo pequeno (2-3 persoas) dun programa de actividade acuática saudable para un colectivo determinado, incluíndo as medidas de seguridade e o protocolo de actuación en caso de accidente.
Saídas de campo Visita a espazos acuáticos naturais e artificiais para a observación e realización de prácticas.
Sesión maxistral Exposición e dirección por parte dos profesores dos contidos teórico-prácticos de cada tema durante as clases presenciais.
Práctica de actividade física Práctica de todo tipo de exercicios e técnicas específicas relacionadas cos contidos da materia para a súa vivencia e dominio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes