Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividades acuáticas saudables e socorrismo (optativa)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Práctica de actividade física A1 A3 A4 A5 A7 A27 A29 A30 A33 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B16 B18 B19 B20 C1 C4 C7 Demostración do dominio do medio acuático e de todo tipo de exercicios e técnicas específicas relacionadas cos contidos da materia.
Para a avaliación deste apartado realizaranse exames prácticos sobre as técnicas de socorrismo terrestre e acuático explicadas e/ou practicadas nas sesións presenciais da materia.
25
Proba de ensaio A6 A7 A8 A14 A16 A17 A21 A24 A27 A33 A36 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B19 C1 C2 C3 C5 C6 Elaboración en grupo pequeno (2-3 persoas) dun programa de actividade acuática saudable para un colectivo determinado, seguindo o guión do traballo presentado polos profesores. 25
Proba de resposta breve A6 A7 A8 A14 A16 A17 A21 A24 A27 A33 B3 B6 B7 B9 B14 B15 B16 C1 C2 C6 C7 Proba escrita utilizada para a avaliación das aprendizaxes dos contidos teóricos e prácticos relacionados coas actividades acuáticas saudables, utilizando preguntas de resposta breve. 25
Estudo de casos A29 A30 A36 B7 B8 B11 B19 C7 Demostración por escrito de coñecementos sobre Socorrismo Acuático e Primeiros Auxilios, nos casos e procedementos máis característicos en situacións de emerxencia en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas. 25
 
Observacións avaliación

- A asistencia e participación é obrigatoria. É necesario cumprir un mínimo do 70% para a cualificación da práctica de actividade física.

- Todos os apartados da avaliación deben ser aprobados para que poidan terse en conta na cualificación final. O resultado da cualificación final será a suma de cada apartado na súa porcentaxe correspondente.

- Os apartados da avaliación que fosen aprobados non será necesario repetilos na segunda oportunidade (xullo), nin en oportunidades de seguintes cursos, sempre que se manteñan os mesmos criterios de avaliación. En caso dalgún cambio aplicarase a Guía Docente do curso en vigor.

- Os alumnos lesionados deberán demostrar que dominan ás técnicas de socorrismo terrestre e acuático no momento que se recuperen da súa lesión acordando unha data cos profesores. 

- Todos os traballos deben ser presentados correctamente redactados e sen faltas de ortografía para poder ser avaliados.

- Todos os traballos deben respectar os seguintes aspectos formais: paginación, tamaño de fonte 12, interlineado sinxelo e xustificación do texto.

- Todos os traballos deben aterse á estrutura seguinte: portada con título do traballo e autores, índice, introdución, obxectivos do traballo, desenvolvemento do traballo, conclusións e bibliografía. A ausencia ou incorrección de calquera destes apartados ocasiona o suspenso do traballo.

- O idioma da proba de resposta breve é o castelán. Si se desea en outro idioma se solicitará con unha semana de antelación a data de realización indicada no calendario oficial.

- Para os alumnos con matricula parcial, se os houbera, permitirase o máximo do 30% de non asistencia as sesións prácticas e consensuar cos profesores a realización dos traballos, que poderían ser de carácter individual.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes