Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes V (Muller, deporte e saúde) (optativa)
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Práctica de actividade física Serán sesións nas que tanto dirixirán as profesoras como se pedirá a colaboración do alumnado para preparar pequenas tarefas de aplicación práctica.
Sesión maxistral A través desta metodoloxía vaise expor contidos conceptuais e informes. De todas formas, será participativa, pedindo o alumnado a sua interpretación dos datos, a relación de conceptos, a búsqueda de exemplos da sua vida cotiá no deporte, etc.
Aprendizaxe colaborativa Empregarase a aprendizaxe entre iguais como unha ferramenta fundamental. Impulsarase a aprendizaxe centrada no alumnado organizando o traballo en pequenos grupos, de maneira que cada estudante aporte os seus recursos e habilidades para mellorar o seu entendimiento sobre a materia.
Estudo de casos Elaboración de itinerario deportivo personal aplicando conceptos de xénero:
- Debe seguir o índice dos conceptos que se colgará en moodle, coa numeración establecida e a denominación de cada concepto (non facer modificacións no índice)
- Extensión: 6 páxinas (3 a doble cara)
Proba de discriminación Exame no que o alumnado demostrará que asimilou conceptos básicos e fundamentais da materia. Será unha proba "verdadeiro-falso". Y el sistema de corrección será de aciertos menos errores.
Traballos tutelados O alumnado se distribuirá por grupos, de 4 ou 5 como máximo, para facer o Proxecto de Intervención. Será titorizado cantas veces o precise para resolver as dúbidas, tanto a través de titorías por Teams, presenciais no despacho ou no final das clases.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes