Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes V (Baloncesto. ou Atletismo II. ou outra) (optativa)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A25 A26 B15 C4 - Traballos grupais (elaboración de fichas de decálogos, por exemplo).
- Sesión de xogos e deportes coeducativos.
- Proxecto de actividade física no que o alumnado terá que demostrar que é capaz de implementar un proxecto de actividade física específico para unha poboación en concreto.
Elixirase un tema entre os que figuran no apartado de metodoloxías.
65
Proba de discriminación A6 B15 C4 Exame no que o alumnado debe demostrar que domina os fundamentos da materia. 20
Estudo de casos B15 C4 Elaboración do itinerario deportivo personal aplicando conceptos de xénero que se facilitarán na aula.
Ditos conceptos aplicaranse tamén no marco teórico do traballo tutelado.
15
 
Observacións avaliación

O "itinerario deportivo": 

* Debe seguir o índice dos conceptos que se colgará en moodle, coa numeración establecida e a denominación de cada concepto. Non se admiten itinerarios con modificacións no índice: na orde e na denominación de conceptos. 

* Extensión: 6 páxinas (3 a doble cara). Non se admiten itinerarios con máis páxinas das indicadas.  

* Entrega: deberá entregarse unha semana despois de ter rematado o bloque de contidos impartido pola profesora Mª José Mosquera. Non se admiten itinerarios fora do prazo establecido.  

A asistencia ás sesións presenciais da materia é obrigatoria, é preciso ter un 70% de asistencia con cada unha das profesoras. Para facer media é preciso aprobar cada unha das partes da avaliación (estudo de casos, proba de discriminación e traballos tutelados). 

Na segunda oportunidade de (xullo) gardarase a nota das partes superadas. Para os cursos sucesivos non se gardará ningunha nota.

O alumnado que non cumpla cos requisitos plantexados terá que realizar un exame final escrito no que o aprobado está por riba dos 7 puntos. 

O alumnado a tempo parcial realizará a mesma avaliación que o alumnado a tempo completo. 

En todos os traballos esixirase o uso de linguaxe inclusiva. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes