Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes VI (vela, ou outras actividades deportivas emerxentes)(optativa)
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Práctica de actividade física Sesións prácticas de aparellado e técnicas básicas en seco ou online. Realizadas as mesmas e superada a puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 da correspondente proba obxectiva, realizaranse prácticas de navegación sobre embarcacións colectivas en augas da Ría da Coruña no horario previsto.
Imprescindible roupa e calzado adecuados.
Sesión maxistral Desenvolvemento do programa de contidos da materia.
Impartirase durante o primeiro cuadrimestre na aula náutica da UDC ou a través da plataforma Teams se fose non presencial.
Traballos tutelados A proposta do alumnado en cada curso académico
Saídas de campo Visita a astillero, velería, salvamento marítimo
Obradoiro Nós e materiais de construción e reparación en fibra de vidro.
Portafolios do alumno Diario de sesións teórico-prácticas, talleres, obradoiros e saídas de campo.
Esquemas Realización de esquemas-resumen de dous temas a proposta do profesor
Actividades iniciais Presentación da materia e explicación da GD
Proba obxectiva Realizaranse dous:
A primeira, previa á navegación práctica: Necesario superala con 5 puntos sobre 10 antes de ser admitido a prácticas de mar.
A segunda, na data prevista de exame aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba final, poderase dividir en dous exames parciais ao longo do cuadrimestre, sempre dentro do horario habilitado para a materia..
O alumnado coñecerá as datas de todas as probas cunha antelación mínima de 10 días.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes