Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes VI (vela, ou outras actividades deportivas emerxentes)(optativa)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Práctica de actividade física A4 A21 A25 A26 B8 B12 Evaluación continua.
10
Traballos tutelados A8 A10 A17 A29 Planificación dunha progresión didáctica para o ensino-aprendizaxe dunha tarefa específica implícita na navegación a vela. (concretar co profesor).
10
Saídas de campo B5 B14 C7 Visita guiada a velera, estaleiro e Salvamento Marítimo. Asistencia e anotación en portafolio do alumno para obter a máxima puntuación. 5
Obradoiro A30 B2 Asistencia obrigatoria a un dos dous obradoiros programados:
1.- Traballos con cabos e nós.
2.- Traballos con fibra de vidro.
Asistencia e anotación en portafolio do alumno para obter a máxima puntuación.
5
Portafolios do alumno A8 A11 A19 Presentación e defensa do Diario de prácticas presentado polo alumno. 20
Esquemas B11 Realización de resumos esquematizados de dúas sesións prácticas desenvolvidas ao longo do curso a proposta do profesor. 10
Proba obxectiva A5 A8 A26 B1 Desenvolvemento de 2 preguntas de entre os contidos da materia. Valorarase especialmente o apoio do texto por medio de debuxos e esquemas. Valoración: 2 puntos.
Suposto práctico: Desenvolver sobre papel o percorrido correspondente a unha navegación entre balizas en diferentes rumbos explicando as manobras realizadas. Valoración: 2 puntos. Resposta tipo test a cuestións básicas de nomenclatura e seguridade. Valoración: 1 punto.
40
 
Observacións avaliación

Nas dúas oportunidades de avaliación é necesario obter 5 puntos para superar a materia. Ningunha das partes da avaliación é excluínte. A nota final será a media ponderada de cada unha das partes da avaliación. 

Na primeira oportunidade, a cualificación final virá determinada de acordo ás porcentaxes establecidas nesta GD.

Na segunda oportunidade de avaliación, a proba obxectiva cualificarase con 10 puntos indicándose no encabezado da proba a porcentaxe de cada un  dos apartados (60% parte teórica e 40% suposto práctico).

Para alumnos con matrícula parcial, lesionados ou asimilados, acordarase co profesor a forma de avaliación. A proba obxectiva constituirá o 60% da avaliación, adaptando a cada caso o 40% restante entre os traballos tuteados e a proba ou suposto práctico.

O idioma de impartición de clases e de realización da proba obxectiva é o castelán. Se algún alumno desexa realizar a proba obxectiva noutro idioma deberá solicitalo por escrito ao profesor, con dez dias de antelación.

Para optar á máxima puntuación na práctica da vela, é imprescindible asistir ao 70% das sesións prácticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes